Descuento:
-5%Antes:
Despues:
14,25 €A obra de Xohana Torres constitúe un macrotexto no que a autora vai debullando e desestabilizando o tópico da muller galega como abnegada matriarca e nai, protectora da casa e dos fillos. Rexeita asà a inmobilización das mulleres como esencia da nación. Igual que sucedera coas viúvas de vivos entolecidas ou suicidas de RosalÃa de Castro, as protagonistas de Torres experimentan unha viaxe introspectiva, unha aprendizaxe e unha toma de consciencia que calla en identidades desarraigadas e insubmisas ás que o contexto social e familiar lles apón o estigma de raras e aÃnda tolas. Esas identidades cuestionan o discurso da nación herdado, identifÃcanse coa alteridade, coas rexeitadas, e rachan coa condena tácita á muller emigrante. Seguindo esta xenealoxÃa, a Penélope navegante de Tempo de rÃa (1992) non é unha irrupción abrupta pois conta cun antecedente, a Maxa de Adiós MarÃa (1971), unha novela que nin se ten valorado suficientemente no que ten de proxecto creativo innovador nin como reescritura cultural subversiva e feminista.