Xela Arias, quedas en nós

Xela Arias, quedas en nós

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822428
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-242-8
Páginas:
224
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

18,45 €

Despues:

17,53 €
IVA incluido

Máis de cincuenta persoas participan neste libro colectivo, "Xela Arias, quedás en nós", que constitúe unha homenaxe con motivo do primeiro cabodano do pasamento da poeta e tradutora. O volume, promovido por Edicións Xerais de Galicia, a Asociación de escritores de Lingua Galega e a súa familia, está organizado en catro grandes apartados: "No pouso dos afectos" (reúne semblanzas, poemas e homenaxes literarias realizadas por amigos, familiares e compañeiros e  compañeiras); "No silencio das palabras" (transcrición das palabras pronunciadas na cerimonia da súa despedida); "Vencerse é cousa de se tratar" (transcrición da homenaxe realizada en Vigo o 29 de maio de 2004, organizada pola AELG, ATG e AGE) e "Un día tiven desexos e cumprinos" (completa aproximación bio-bibliográfica). Estas colaboracións literarias enriquécense con outras de carácter gráfico (fotografías e ilustracións) que fan do libro unha completa achega para mellor comprender e admirar a traxectoria humana e literaria dunha das voces máis singulares da poesía galega última.. Xela Arias (Sarria, 1962 - Vigo, 2003) foi escritora, tradutora, profesora é membro do cadro fundacional de Edicións Xerais de Galicia.  Publicou unha recoñecida obra poética que iniciou con "Denuncia do equilibrio" (Xerais, 1986), continuou con "Tigres coma cabalos" (Xerais, 1990), "Darío a diario" (Xerais, 1996) e rematou con "Intempériome" (2003). A súa morte, o 3 de novembro de 2003, conmocionou á sociedade literaria galega que agora lle rende unha homenaxe coa edición deste volume colectivo.

Xerais en La Cultural Llibreria

  • Recursos teatrais para a expresión dramática na escola -5%
    Titulo del libro
    Recursos teatrais para a expresión dramática na escola
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    No disponible

    3,00 €2,85 €

  • ASTERIX EN BRITANIA -5%
    Titulo del libro
    ASTERIX EN BRITANIA
    Goscinny, Rene
    Xerais
    Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada po...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €

  • Viceversa nº6 -5%
    Titulo del libro
    Viceversa nº6
     
    Xerais
    No disponible

    12,05 €11,45 €

  • Historia da literatura Galega I -5%
    Titulo del libro
    Historia da literatura Galega I
    Pena Sánchez, Xosé Ramón
    Xerais
    Coa presente Historia da Literatura Galega, da que este é o primeiro volume dos catro que conformarán a obra,...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    30,50 €28,98 €

  • A curva da pantasma -5%
    Titulo del libro
    A curva da pantasma
    Alonso, Fran
    Xerais
    As lendas urbanas tamén forman parte da rica tradición oral que deu lugar á literatura. Hoxe desenvólvense ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €12,83 €