Vigo por Magar III

Vigo por Magar III. Novas instantáneas e retratos da vida viguesa (1960-2007)

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826884
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-688-4
Páginas:
288
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

46,95 €

Despues:

44,60 €
IVA incluido
Avisar disponibilidad

Manuel García Castro «Magar» ofrece neste terceiro volume da súa serie  «Vigo por Magar», iniciada en 2002, outras trescentas instantáneas, panorámicas e retratos que contribúen a enriquecer a reconstrución da historia viguesa das últimas catro décadas. Empregando as mellores posibilidades que ofrecen as ferramentas do fotoxornalismo, «Magar» ofrece unha viaxe emocionante, entrañable e comprometida polos avatares dunha cidade hiperdinámica que durante este período remudou a  súa fasquía e ampliou o seu perímetro converténdose no corazón da Galicia urbana contemporánea. Trescentos cartaces en branco e negro que densifican a memoria próxima de tres xeracións de vigueses e viguesas. No libro amósase o esforzo desta «cidade puro milagre», a dos obreiros nas factorías de Barreras e Citr"en, a das pescantinas do  Berbés, mais tamén a cidade que na rúa reclama os seus dereitos. Nin a presenza dunha longa galería de familias, alcaldes, concelleiros, empresarios, bancarios, comerciantes, xornalistas, médicos, empregados, escritores, músicos, escolares, taxistas, bombeiros, policías municipais, funcionarios, peñas de amigos ou de xentes de máis posibles. Nin se oculta a importancia do deporte nunha comunidade  con vontade de cidade olímpica, sexan os fondistas do Celta, os regatistas de esnais e traíñas, os balonmanistas do Vulcano, os futbolistas modestos do Peñasco ou os derbis do Celta co Pontevedra. Este novo «Vigo por Magar III»provoca, como os dous libros anteriores,  un recordo compartido que non é pasado nin peza de museo para nostálxicos saudosos. Un libro vivificador e vigorizante para activar a memoria propia ou familiar da cidade que ten a fortuna de ser homenaxeada pola cámara de Magar.

Otros libros del autor en La Cultural Llibreria

Xerais en La Cultural Llibreria

  • Os seres queridos -5%
    Titulo del libro
    Os seres queridos
    Dávila, Berta
    Xerais
    Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,95 €16,10 €

  • A cociña do Entroido e San Xoán -5%
    Titulo del libro
    A cociña do Entroido e San Xoán
    Vila Pernas, Miguel
    Xerais
    Entanto o tradicional entroido galego está en decadencia a favor dun carnaval unificado que nos transporta a c...
    No disponible

    22,50 €21,38 €

  • O máis estraño -5%
    Titulo del libro
    O máis estraño
    Rivas, Manuel
    Xerais
    Dise no coro de Antígona que hai moitas cousas estrañas no universo, pero que o máis estraño é o ser human...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    26,95 €25,60 €

  • Os anos do silencio -5%
    Titulo del libro
    Os anos do silencio
    Álvarez Castro, Xosé
    Xerais
    Con «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)», Xosé Álvarez Ca...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    28,50 €27,08 €

  • NOVO XARDÍN DAS LETRAS. CONSOANTES 3. PAUTA -5%
    Titulo del libro
    NOVO XARDÍN DAS LETRAS. CONSOANTES 3. PAUTA
    AA.VV
    Xerais
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,20 €12,54 €