Trinta e dous dentes

Trinta e dous dentes

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788471540003
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-7154-000-3
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Descuento:

-5%

Antes:

20,60 €

Despues:

19,57 €
IVA incluido
Avisar disponibilidad

Finalista Premio Torrente Ballester 2006Sen causa aparente, o autor e director teatral Paulo Barreiro acorda unha mañá convertido nun cativo  de dez ou once anos. Así comeza a nova achega narrativa de Xabier López López na que, baixo o revestimento dunha novela picaresca e de iniciación, atopamos unha narración chea de sorpresas, entretecida con  mitos e homenaxes literarias. Finalista do Premio Torrente Ballester 2006, Trinta e dous dentes xoga coas ideas de aparencia e identidade para trazar unha metáfora sobre a minoría de idade imposta a individuos, culturas e sociedades.Titulares de prensaTRINTA E DOUS DENTESUnha novela de case trescentas páxinas corre o risco nestes tempos de converterse, como se di popularmente, nun ladrillo. En cambio, o lector que se achegue a Trinta e dous dentes, de Xabier López López (Bergondo, 1974), non deixará o libro ata o final, porque o autor consegue artillar unha historia con gancho e intriga.O protagonista, Paulo Barreiro, é un director teatral divorciado que unha noite metese na cama e "unha fría e luminosa mañá de outono", sen  unha razón comprensible, esperta co tamaño dun neno de once ou doce anos, pero cos 32 dentes dun adulto na súa boca. De aí en diante, Xabier López, finalista do Premio Torrente Ballester (2006), relátanos  as aventuras dun rapaz que pensa e fala como o home groso e trouleiro  que foi.Polas páxinas transitan seres fracasados, marxinais, febles resentidos, burócratas indiferentes, triunfadores e ambiciosos. Pero tamén avariciosos, ruíns e moralistas. Todos representantes de distintos estratos dunha sociedade na que aínda predomina a figura do encerro (hospicio da Xunta, internado do colexio e casa luxosa, pero afastada da cidade) fronte ao concepto de control, máis propio dunha sociedade dixital.Tres referencias principais da literatura mundial resoan no trasfondo desta historia: Gregor Samsa, protagonista da Metamorfosis, de Kafka; El increíble hombre menguante, de Jack Arnold,  ou Gulliver (J.Swift). Pero o autor tamén rende homenaxe a outros moitos escritores clásicos, modernos e contemporáneos.Aínda que talvez  é un pouco reiterativo nas descricións dos personaxes e das situacións, e incluso se recrea excesivamente nas escenas da relación erótico-sadomasoquista que manteñen os pais putativos do protagonista,  na que tamén se acaba metendo, aínda que dun xeito clandestino, Xabier López debuxa un pequeno retablo no que se mesturan a sátira humorística e corrosiva cunha reflexión sobre a nosa sociedade. Con todo, unha pregunta: ¿non son demasiados dentes para tan pouca codia?Gonzalo TrasbachSábado 28 de xullo de 2007La Voz de Galicia. Culturas

Otros libros del autor en La Cultural Llibreria

  • Cadeas -5%
    Titulo del libro
    Cadeas
    Nº 344
    López López, Xabier
    Xerais
    Nun porto afastado, Manuel Antonio mantén unha fermosa historia de amor cunha sorprendente muller á que coñe...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,50 €21,38 €

  • CONCODRILO EN OLEIROS -5%
    Titulo del libro
    CONCODRILO EN OLEIROS
    Nº 8
    López, Xabier
    Linteo
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días..)

    10,90 €10,36 €

  • O soño do falcón -5%
    Titulo del libro
    O soño do falcón
    Iglesias López, Francisco Xabier
    Toxosoutos, s.l.
    No disponible

    12,00 €11,40 €

  • Explico a mi poco a poco palabras -5%
    Titulo del libro
    Explico a mi poco a poco palabras
    Lopez, Xabier
    Ediciones invasoras
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,00 €11,40 €

  • Cando Artur non era rei -5%
    Titulo del libro
    Cando Artur non era rei
    Lopez Lopez, Xabier
    Galaxia
    A novela trasládanos a un tempo fascinante en que o mítico Artur era un mozote. Coñece ao cabaleiro Lanzarot...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,25 €12,59 €

Materia en La Cultural Llibreria

  • Tess, la de los d'Urberville -5%
    Titulo del libro
    Tess, la de los d'Urberville
    Nº 5286
    Hardy, Thomas
    Alianza
    Publicada en 1891, Tess, la de los d'Urberville retrata la vida rural del sur de Inglaterra a través de la fig...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,95 €17,05 €

  • EN BUSCA DE LA FELICIDAD -5%
    Titulo del libro
    EN BUSCA DE LA FELICIDAD
    Nº 52
    Kennedy, Douglas
    Arpa editores
    Nueva York, víspera de Acción de Gracias de 1945. La guerra ha terminado y la fiesta de Eric Smythe está en ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,90 €21,76 €

  • CRISTAL Y SUS REFLEXIONES,EL -5%
    Titulo del libro
    CRISTAL Y SUS REFLEXIONES,EL
    MEDIN, TZVI
    Biblioteca nueva
    José Ortega y Gasset, el intelectual, el filósofo, el artista de la prosa, constituye un ineludible referente...
    No disponible

    20,00 €19,00 €

  • El nacionalismo ruso moderno -5%
    Titulo del libro
    El nacionalismo ruso moderno
    Nº 1
    Faraldo Jarillo, José María
    Baltica editorial
    No disponible

    13,90 €13,21 €

  • Terapias Cognitivo-Comportamentais e AdicÇoes -5%
    Titulo del libro
    Terapias Cognitivo-Comportamentais e AdicÇoes
    Rahioui, Hassan
    Climepsi editores
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    21,58 €20,50 €

Galaxia en La Cultural Llibreria

  • O principiño -5%
    Titulo del libro
    O principiño
    Saint-Exupéry, Antoine de
    Galaxia
    No disponible

    9,60 €9,12 €

  • Alfonso R. Castelao. A forxa dun mito -5%
    Titulo del libro
    Alfonso R. Castelao. A forxa dun mito
    Nº 14
    Monteagudo, Henrique
    Galaxia
    Realízase un rápido percorrido pola traxectoria vital de Castelao situándoa no seu marco histórico, ofréce...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,50 €17,58 €

  • As aventuras de Pinoquio -5%
    Titulo del libro
    As aventuras de Pinoquio
    Nº 181
    Rodari, Gianni
    Galaxia
    “Velaquí comezan as aventuras de Pinoquio, as súas travesuras,  monicreque famosísimo polo seu nariz...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,40 €15,58 €

  • Todo o verán por diante -5%
    Titulo del libro
    Todo o verán por diante
    Gonzàlez i Caturla, Joaquim
    Galaxia
    No disponible

    7,45 €7,08 €

  • O MORTO ASASINADO E OUTROS CONTOS -5%
    Titulo del libro
    O MORTO ASASINADO E OUTROS CONTOS
    Kruckenberg, Maria do Carme
    Galaxia
    Entre 1998 e 2012, María do Carme Kruckenberg publicou periodicamente,  en edición non venal e co propósito ...
    No disponible

    16,20 €15,39 €