Pel de lobo

Pel de lobo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028650
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 A?OS
ISBN:
978-84-8302-865-0
Páginas:
112
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
205
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
FORA DE XOGO

Descuento:

-5%

Antes:

13,95 €

Despues:

13,25 €
IVA incluido
Comprar

Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé,  un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido  na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta  que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. Alí no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do lume.Este é o arranque argumental de Pel de lobo, a novela de Xosé Miranda, gañadora do Premio Merlín 2002. Unha novela de aventuras  e terror que recrea o mito popular e literario do lobishome. Escrita nunha prosa de alta calidade literaria, empregando unha lingua popular  moi puída, Xosé Miranda crea nesta novela engaiolante a atmosfera desacougante das fazañas e das crenzas sobre o lobo nas aldeas da montaña luguesa. Aventuras e crenzas que non lle impiden o que non lle  impiden recoller noutros fíos narrativos unha misteriosa historia de amor e de descubrimento iniciático da vida adulta, o debate sobre as ideas de redención dos foros, o mundo mítico e as crenzas populares da  aldea, ou as historias de cazadores.Pel de lobo constitúe unha homenaxe á memoria de tódolos habitantes das montañas de Lugo e Ourense, a súa fala e a súa concepción do mundo. Unha homenaxe, tamén,  o traballo dos antropólogos e escritores galegos como Laureano Prieto, Vicente Risco, Fiz Vergara Vilariño, Uxío Novoneyra ou Anxel Fole, que impregnaron coas súas historias as páxinas desta magnífica obra, dirixida tanta a público xuvenil como adulto.

Otros libros del autor en La Cultural Llibreria

  • Contos de encantamento I
    Antiguo
    -5%
    Titulo del libro
    Contos de encantamento I
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa Carreiras, Antonio
    Xerais
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    10,00 €9,50 €

  • Contos de maxia III -5%
    Titulo del libro
    Contos de maxia III
    Miranda, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,00 €9,50 €

  • Máis contos de animais, I -5%
    Titulo del libro
    Máis contos de animais, I
    Miranda Ruíz, Xosé / Reigosa Carreiras, Antonio
    Xerais
    A colección Cabalo buligán reúne con¡tos da nosa tradición oral, son as no¡sas historias, a nosa cultura....
    No disponible

    10,95 €10,40 €

  • Amantes e viaxeiros -5%
    Titulo del libro
    Amantes e viaxeiros
    Miranda Ruiz, Xosé
    Do castro
    No disponible

    6,00 €5,70 €

  • Contos de maxia II
    Antiguo
    -5%
    Titulo del libro
    Contos de maxia II
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    10,00 €9,50 €

Materia en La Cultural Llibreria

Xerais en La Cultural Llibreria

  • DA CARAPUCHIÑA AO SEÑOR LAMOTE -5%
    Titulo del libro
    DA CARAPUCHIÑA AO SEÑOR LAMOTE
    Vázquez Freire, Miguel
    Xerais
    Unha ollada galega e orixinal da historia da literatura infantil e xuvenil.  Por que o lobo debe seguir co...
    No disponible

    17,50 €16,63 €

  • Guía dos cogomelos comúns de Galicia -5%
    Titulo del libro
    Guía dos cogomelos comúns de Galicia
    Castro Cerceda, Marisa
    Xerais
    No disponible

    23,30 €22,14 €

  • O libro das viaxes imaxinarias -5%
    Titulo del libro
    O libro das viaxes imaxinarias
    DoCampo, Xabier P.
    Xerais
    O libro das viaxes imaxinarias, escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas, contén a transcrici...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,50 €15,68 €

  • Salón de Té -5%
    Titulo del libro
    Salón de Té
    Gómez, Lupe
    Xerais
    Lupe é unha garza elegante que nos convida a tomar té no seu «chanoyu»  poético. O ritual é inmutable, a ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €12,30 €

  • Negros e brancos -5%
    Titulo del libro
    Negros e brancos
    McKee, David
    Xerais
    Hai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran brancos ou negros, e  odiábanse entre si. A guerra non tardo...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    7,95 €7,55 €