Descuento:
-5%Antes:
Despues:
18,00 €Cun comezo fascinante e unha enorme capacidade evocadora, O mar que nos leva é unha novela que nos arrastra, da man dunha muller chamada Mariña, pola memoria persoal, polÃtica e social das loitas obreiras do Vigo de 1972, dos movementos estudantÃs do ano 68 en Compostela e da emigración a Bos Aires dos anos 30. Esta é unha novela narrada con enorme detallismo e minuciosidade na descrición de atmosferas, espazos e territorios fÃsicos e emocionais, que fai gala dun rexistro lingüÃstico brillante. Nun momento crÃtico da súa vida, Mariña Brei percorre o seu pasado e o da súa familia, desde Mens a Pontevedra, dándolle forma a unha novela espléndida, ateigada de referencias literarias e polÃticas, de conflitos persoais, que envolve aos lectores e lectoras nun remuÃño de sensacións e intensas vivencias.