Nautilus

Nautilus

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475078120
Materia
GEOGRAFIA
ISBN:
978-84-7507-812-0
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

Descuento:

-5%

Antes:

14,60 €

Despues:

13,87 €
IVA incluido

En outubro de 1892 saíu da ría de Ferrol a corbeta Nautilus, aparellada en fragata, que regresaría en agoso de 1894 logo de da-la volta ó mundo baixo o mando do Capitán Fernando Villaamil -natural de Villaamil, parroquia de Serantes, actual concello de Castropol- cunha dotación de 200 tripulantes vascos, asturianos, cántabros e galegos. Moitos eran veciños de Seixo e da Ferrolterra, onde o capitán da armada residiu en sendo oficial da mariña de guerra.o historiador Bernardo Máiz, xusto cen anos despois, reconstrúe aquela experiencia -calificada nos seus días de auténtica fazaña- baseándose nos escritos  do propio capitán Villamil, na memoria de moitos dos seu s veciños e nunha abondosa documentación que lle foi facilitada na Biblioteca da Zona Marítima do Cantábrico.Nuns tempos nos que, como di o autor, " o vedreño imperio español ía camiño do esmorecemento " a Nautilus, buque escola que máis tarde sería substituído polo Galatea e  actualmente polo Juan Sebastián Elcano, lévanos polos sete mares, dende Bos Aires a Valparaíso, dende as costas americanas ás praias de Australia e Nova Celandia, nunha viaxe de adestramento e descubertas ata entón sen precedentes. Bernardo Máiz introdúcenos no barco de tres  mastros, e con el o lector ou a lectora botará a derradeira ollada á terra propia por máis de seiscentos días. Quedadas, temporais, arribadas... todo ficará escrito no epistolario do protagonista inxertado polo escritor entre a tripulación.Un libro de mar e viaxes nunha viaxe real nun barco real, cun escritor que sabe manexa-lo relato coa mestría do compás de marear.

Otros libros del autor en La Cultural Llibreria

Materia en La Cultural Llibreria

Xerais en La Cultural Llibreria