Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus

Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus

Nº:
432
Editorial:
Laiovento, s.l.
EAN:
9788484876335
Año de edición:
Materia
SOCIOLOGIA
ISBN:
978-84-8487-633-5
Páginas:
226
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
Ensaio - Pequisa

Descuento:

-5%

Antes:

24,95 €

Despues:

23,70 €
IVA incluido
Comprar

Neste ensaio analízase a repercusión da perpetuación dos valores morais da Igrexa católica na discriminación das mulleres durante o proceso de construción do sistema liberal no Estado español e en Galiza (1812-1936), así como na reducida dimensión das protestas promovidas polo descontento fronte a estes agravios. Deste xeito, se ben xa na Constitución de 1812 enunciábanse como principios esenciais do dereito a liberdade e a igualdade dos individuos (e son estes o principal leitmotiv da conflitividade social  de carácter reivindicativo durante o século XIX), as mulleres ficarían excluídas destas premisas até 1931. Nesta discriminación xogarían un papel esencial tanto a reprodución da  conversión dos pecados en leis a través do Estado liberal confesional  como o monopolio da Igrexa católica na fixación das directrices morais que debían de imperar nas institucións educativas e nos espazos  de socialización e ocio, ocupando un lugar principal a protección dos  valores tradicionais ligados á familia e á sexualidade. Os principios vinculados á moralidade nestes dous últimos ámbitos serían un puntal clave no contrapeso aos primeiros ecos feministas da Idade Contemporánea en Galiza. Uns ecos que se fixeron ouvir a contracorrente e que son pezas fundamentais no camiño cara a erradicación da discriminación de xénero.

Otros libros del autor en La Cultural Llibreria

Materia en La Cultural Llibreria

Laiovento, s.l. en La Cultural Llibreria