Confusión e morte de María Balteira

Confusión e morte de María Balteira

Editorial:
Baia
EAN:
9788492630585
Año de edición:
ISBN:
978-84-92630-58-5
Páginas:
144
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
200
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

13,80 €

Despues:

13,11 €
IVA incluido
Comprar

Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porque é un libro de relatos dun alto nivel literario. Dicir iso non sería máis que loanza baleira, a non ser pola verdade que conteñen estas palabras, desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen con respecto ao contexto galego, da perspectiva feminina, das tramas tanto orixinais como arquetípicas. Pensamos que o estilo da autora, Marica Campo, vai levado por un ritmo  de auga e natureza, ritmo creado pola relación variada e insistentemente contigua que hai na súa narrativa entre a muller, o mundo vexetal e animal. O espazo habitado polas mulleres e os homes que coñecen é tamén un mundo partillado polas ánimas. A miúdo a voz narrativa avanza case bailando a través das descricións, un ritmo poético que semella vir dun fluír do inconsciente, dunha psicoloxía rescatada das lembranzas dun pasado, ás veces vivido e gozado e outras  veces case totalmente esquecido [...]. O público lector en galego sabe que o pasado remoto da terra non carece de incidencia na realidade actual, aínda que mans e voces alleas (tamén algunhas galegas) teñan contribuído a unha conceptualización pintoresca dunha Galiza máxica. Por tanto, a maxia -desde esta perspectiva do papel que  contribúe á fundación dunha identidade cultural- é máis que unha ollada que se defina como sensíble ao irracional. O mundo encantado e imaxinado non presenta dificultades de interpretación: a maxia é quen de suxerirnos moitas cousas, todas feiticeiras ou atraentes, esenciais  para comprendermos o que é a nación galega [...]. Kathleen March

Otros libros del autor en La Cultural Llibreria

Baia en La Cultural Llibreria

  • Drácula -5%
    Titulo del libro
    Drácula
    AA.VV
    Baia
    O mozo pasante de notario, Jonathan Harker, marcha a Transilvania para  finalizar a venda dunha mansión en Lon...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,55 €15,72 €

  • Feminino singular, en plural -5%
    Titulo del libro
    Feminino singular, en plural
    Blanco Blanco, María Concepción
    Baia
    É ben sabido que a historia ten una débeda coas mulleres. Moitas foron  silenciadas, invisibilizadas ou agoch...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,35 €13,63 €

  • Os dinosaurios -5%
    Titulo del libro
    Os dinosaurios
    Nº 5
    Bezuel, Sylvie
    Baia
    Unha obra interactiva e divertida para comprender a vida dos animais. Xogos pedagóxicos para nenas e nenos.&nb...
    No disponible

    12,40 €11,78 €

  • Paleta planeta -5%
    Titulo del libro
    Paleta planeta
    Castaño Pereira, Yolanda
    Baia
    Yolanda Castaño e Xosé Tomás van un paso máis alá co seu último traballo conxunto, unha proposta tan arti...
    No disponible

    18,25 €17,34 €

  • III.¡Funciona! Practicas sinxelas de física e química -5%
    Titulo del libro
    III.¡Funciona! Practicas sinxelas de física e química
    Vialta López, Ramón
    Baia
    Batería de prácticas que xiran arredor de 44 temas de Física e Química, realizábeis con materiais de fáci...
    No disponible

    26,00 €24,70 €