As mulleres na Filosofía

As mulleres na Filosofía

Editorial:
Baia
EAN:
9788496526488
Año de edición:
Materia
FILOSOFIA
ISBN:
978-84-96526-48-8
Páginas:
136
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
Baía Ensaio

Descuento:

-5%

Antes:

16,55 €

Despues:

15,72 €
IVA incluido
Comprar

A presente obra pretende tratar os dous aspectos implícitos na ambigüidade do seu título: as mulleres como obxecto e como suxeito do pensamento, é dicir, por unha banda, o que os filósofos pensaron sobre  as mulleres, e, por outra, o que pensaron as mulleres cando accederon  ao estudo da Filosofía. Inténtase, ademais, relacionar eses dous aspectos, xa que as mulleres filósofas pensaron, en primeiro lugar, sobre o que os filósofos tiñan pensado acerca delas; por iso, os seus primeiros pasos na filosofía foron respostas directas e argumentadas racionalmente aos prexuízos e ideoloxemas dos seus coetáneos. De aí que busquemos a un tempo reconstruír a conceptualización do feminino a  partir dos textos dalgúns filósofos, pero tamén reconstruír unha xenealoxía feminina na historia do pensamento.
 
 
 
 Así pois, na primeira parte de cada división histórica esbozamos unha pequena crítica da razón patriarcal, e no contrapunto que lle segue bosquexamos unha rápida historia da teoría e da práctica feministas, así como unha breve escolma de filósofas de cada época; todo isto co fin de visibilizar e recuperar un pasado necesario para iluminar a nosa identidade presente e para orientar o noso futuro. Porque, como di Hannah Arendt, a ausencia de memoria ou de tradición indica, a un tempo, a dificultade de conservar e a de innovar e, polo tanto, a imposibilidade de crear novos significados para o mundo. Cada novo fragmento que recuperemos dunha tradición que esqueceu deliberadamente  o pensamento das mulleres obrigará necesariamente a re-pensarnos, a producir sentido, a reinterpretar o mundo e, como consecuencia, a transformalo.

Materia en La Cultural Llibreria

  • El sujeto convocado -5%
    Titulo del libro
    El sujeto convocado
    Pedemonte I Feu, Bonaventura
    Fund.enmanuel mounier
    No disponible

    12,00 €11,40 €

  • Filosofía del vestido -5%
    Titulo del libro
    Filosofía del vestido
    Wilde, Oscar
    Casimiro
    "Tener buen aspecto y estar bien vestido es una necesidad. Tener un propósito en la vida, no."  "La ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    8,00 €7,60 €

  • REGLAS PARA LA DIRECCIóN DEL ESPíRITU -5%
    Titulo del libro
    REGLAS PARA LA DIRECCIóN DEL ESPíRITU
    Nº F51
    Descartes, René
    Alianza
    Las " Reglas para la dirección del espíritu " (comenzadas en  el invierno de 1628 y publicadas sól...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,95 €11,35 €

  • El poder invisible en accion -5%
    Titulo del libro
    El poder invisible en accion
    Nº 2LABVERV
    Myss, Caroline
    Ediciones b
    Durante más de dos décadas, Carolina Myss, pionera en el campo de la medicina de la energía, ha investigado ...
    No disponible

    18,00 €17,10 €

  • Dels noms divins / De la teologia mística -5%
    Titulo del libro
    Dels noms divins / De la teologia mística
    Areopagita, Dionisi
    Edicions 62
    No disponible

    9,92 €9,42 €

Baia en La Cultural Llibreria

  • OS BOMBEIROS EN ACCIÓN -5%
    Titulo del libro
    OS BOMBEIROS EN ACCIÓN
    Yi-hsuan, Wu
    Baia
    Atractivo libro temático con mecanismos móbiles sobre as actividades máis habituais de bombeiras e bombeiros...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    7,80 €7,41 €

  • Xurxiño quere ser... -5%
    Titulo del libro
    Xurxiño quere ser...
    Vázquez Freire, Miguel
    Baia
    Todo o mundo lle pregunta a Xurxiño que quere ser de maior. E todo o mundo dá unha resposta antes de escoitar...
    No disponible

    7,80 €7,41 €

  • BOCK DE CERVEJA -5%
    Titulo del libro
    BOCK DE CERVEJA
    Nº 39
    Corral Iglesias, José Alberte
    Baia
    Partilha de 32 relatos encabeçados por textos introdutórios que acolhem a literatura, a cançom, a filosofia....
    No disponible

    11,45 €10,88 €

  • O tesouro das animas -5%
    Titulo del libro
    O tesouro das animas
    Regueiro Digon, Conchi
    Baia
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,15 €12,49 €

  • Cantar de corpos -5%
    Titulo del libro
    Cantar de corpos
    Correa Corredoira, Xabier
    Baia
    Coa alusión bíblica do seu título, Correa Corredoira entoa todo un rosario de salmos laicos nos que o eros t...
    No disponible

    12,15 €11,54 €