ÁMOTE LEO A. TERMINAL DE...CHEGADAS?

ÁMOTE LEO A. TERMINAL DE...CHEGADAS?

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499146836
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9914-683-6
Páginas:
336
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
215
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
EDICIóNS INFANTíS-XUVENíS SINGULARES

Descuento:

-5%

Antes:

15,50 €

Despues:

14,73 €
IVA incluido
Comprar

«Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo. A moza non ten gana de máis. Pero non se trata dunha rendición,  velaquí unha auténtica arroutada sentimental, rosma Leo ao tempo que centos de imaxes golpean a súa cabeza. O roubo e as cascudas de Barcelona. A saia de tule de Praga. O piso do Trastévere. O Gran Canal  de Venecia. O incendio da Alhambra nos ollos. O cheiro das xardas asadas de Eminonu. A mirada triste de Zerdali na Capadocia. As cobras da praza Djema-El-Fna. E, inseparable a todas as lembranzas, esa misteriosa mensaxe que aparece nos recantos máis insospeitados dos lugares que visita: Amote Leo A. Pero esta madrugada do 11 de maio a Leo tanto lle teñen as pintadas, a morriña do vivido ou os soños aínda  por cumprir. Só devece por regresar á casa. En cambio, unha sucesión de acontecementos inesperados fará que a súa vontade dea varias voltas  sobre si mesma ata deixala ao bordo do precipicio. Deberá decidir entón se se atreve a dar o gran salto cara ao descoñecido. Claro que isto poñería a súa viaxe patas arriba e podería conducila ao máis alto  dos seus desexos ou ao máis escuro dos abismos...
 Que fará Leo nesta encrucillada? Cumprirá o seu propósito de chegar á casa o 8 de xullo, tal e como prometera? Recuará sobre os seus pasos, ou asomarase ao precipicio dun novo e inesperado destino?
 Terminal de... chegadas é a terceira e última entrega da triloxía Amote Leo A. Logo de Destino xalundes e Estación de tránsito, a moza solta os derradeiros lastres que lle quedaban e camiña sen cargas por un mundo no que se borraron todas as fronteiras. Seis meses, seis mil euros, e nada parece ter agora importancia. Tan só resta por saber unha cousa: regresará Leo algún día?

Otros libros del autor en La Cultural Llibreria

  • Ámote Leo A:Estación de tránsito -5%
    Titulo del libro
    Ámote Leo A:Estación de tránsito
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nu...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,50 €14,73 €

  • O xardín da media lúa -5%
    Titulo del libro
    O xardín da media lúa
    Aneiros, Rosa
    Galaxia
    Desde as mil e unha noites, a cultura árabe é o aconchego e a orixe de  moreas de contos e lendas. Moitas das...
    No disponible

    7,30 €6,94 €

  • O son das buguinas -5%
    Titulo del libro
    O son das buguinas
    Aleixandre, Marilar;Alfaya, An;Alonso, Fran;Aneiros, Rosa;Fernández Paz, Agustín;Reimóndez, María;Ruíz, Dolores
    Xerais
    O son das buguinas é un libro e DVD solidarios promovidos por Implicadas/os no Desenvolvemento (IND), unha Org...
    No disponible

    22,45 €21,33 €

  • Catro plumas de dinosauro -5%
    Titulo del libro
    Catro plumas de dinosauro
    Nº 320
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Xoel é un apaixonado dos dinosauros. Durante a excursión do cole ás Fragas do Eume está convencido de que h...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €12,83 €

  • XELIS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR -5%
    Titulo del libro
    XELIS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da  Punta de Bruaboi, decatouse de que a...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €14,16 €

Materia en La Cultural Llibreria

Xerais en La Cultural Llibreria