A tribo sabe

A tribo sabe. Os vello oficios. II

EAN:
9788483024034
ISBN:
978-84-8302-403-4
Páginas:
176
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

Descuento:

-5%

Antes:

14,00 €

Despues:

13,30 €
IVA incluido

A tribo sabe é a segunda entrega dunha triloxía de ensaios antropolóxicos que Xosé Vázquez Pintor comezou en Os vellos oficios (Xerais, 1996). En A tribo sabe Vázquez Pintor achégase á vida vida e bo facer dos fogueteiros fogueteiros, campaneiros, cabaqueiros, polbeiros, ferreiros, afiadores, zoqueiros, tratantes e albaneis, reconstruída dende a memoria viva dos nosos artesáns tradicionais.Recúpérase a memoria dos fogueteiros de Oza dos Ríos, da man do testemuño de Santiago Rocha Sanmartín, con cincuenta anos de oficio na pirotecnia. Dáselle voz ás tres xeracións de campaneiros de Arcos da Condesa que amosan o seu oficio desque inician a fabricación das súas campás nos seus moldes ata que funden no seu forno con leña de piñeiro ou de amieiro. Reconstrúense os traballos dos cabaqueiros do Salnés, na voz de Manuel Rodríguez Martínez e de Ramón Lourenzo do Salnés. Dáse conta dos labores da forxa e das vellas ferrerías, recollendo as testemuñas de Manuel de Viñavella, na súa forxa de Espasande de Abaixo en Riotorto, e das ferreirías de San Pedro de Bogo  na Pontenova. Apréndesenos a zoquear das mans da tradicións conservadas na Terra Cha polo zoqueiro Norberto Piñeiro Pernas ou do oficio recuperado nas terras da Merza por unha nova xeración de artesáns. No libro non quedan fóra da recuperación destes labores da tribo, a vida ambulante dos afiadores ourensáns, a gastronomía sabia dos polbeiros, o rico universo das nosas feiras e os códigos creados polos albaneis de Bueu, as lafras, reconstruídos a partir dos testemuñas froito de horas de longa conversa do autor con cada un destes artesáns.A tribo sabe recolle nun importante apartado fotográfico, documentos deste labor tradicional que aínda pervive, así  como un completo glosario de cada un dos léxicos especializados, onde  non faltan os verbos especializados dos cabaqueiros, a jalleira, nin unha ampla escolma do barallete dos afiadores. Un libro, pois, que recupera a memoria viva dos nosos vellos oficios tradicionais.

Otros libros del autor en La Cultural Llibreria

  • Os vellos oficios -5%
    Titulo del libro
    Os vellos oficios
    Vázquez Pintor, Xosé
    No disponible

    11,35 €10,78 €

  • bicos -5%
    Titulo del libro
    bicos
    Vázquez Pintor, Xosé
    No disponible

    15,00 €14,25 €

  • Tal era vivir -5%
    Titulo del libro
    Tal era vivir
    Vázquez Pintor, Xosé
    "Tal era vivir" é a terceira e última entrega dos ensaios antropolóxicos que Xosé Vázquez Pintor comezou n...
    No disponible

    16,65 €15,82 €

  • Lume de biqueira -5%
    Titulo del libro
    Lume de biqueira
    Vázquez Pintor, Xosé
    Vigo de Galicia, días de outono do ano 2001. O neto de Anxo Vilariño Enríquez agradece a memoria do avó, in...
    No disponible

    13,60 €12,92 €

  • Antípodas -5%
    Titulo del libro
    Antípodas
    Nº 368
    Vázquez Pintor, Xosé
    Plinio, que foi un neno da inclusa, ten os ollos abertos cara aos antípodas. Na brevidade dunha noite dos estr...
    No disponible

    20,50 €19,48 €