Descuento:
-5%Antes:
Despues:
26,47 €A saúde móvenos é unha proposta enfocada a fomentar hábitos saudables e a concienciar sobre as consecuencias que ten non seguilos. Incídese especialmente nos hábitos alimentarios e noutros distintos (exercicio, hixiene, prevención e primeiros auxilios), co obxectivo de evitar riscos ou algunhas enfermidades. O proxecto parte dunha petición real da OMS ás comunidades educativas para que contribúan coa difusión e concienciación de hábitos saudables, pois advirten de que o abandono destes hábitos se produce cada vez en idades máis temperás e a proliferación de certas enfermidades non transmisibles é alarmante.