A rebelión municipal

A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475071848
Año de edición:
ISBN:
978-84-7507-184-8
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ENSAIO

Descuento:

-5%

Antes:

18,80 €

Despues:

17,86 €
IVA incluido

"A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia" é un libro que nace para a reflexión e o cambio. Amosando feitos e cifras reiterativas dificilmente cuestionables. Expoñendo conductas e políticas nas que afloran valores e xeitos de facer colectivos. Espindo outra vez ó municipalismo galego e os trazos básicos que o caracterizan: orzamentos raquíticos, dependencias estructurais, clientelismos múltiples, urbanismo feble ou inexistente, xestión manifestamente mellorable, escaso investimento en capital humano, competencias diminuídas, reducida dimensión política. Por iso este libro de Xoaquín Alvarez Corbacho, conselleiro (Area de Corporacións Locais) do Consello de Contas de Galicia, defende unha tese rotunda, clara, explícita que se pode resumir nos seguintes termos. A agonía do  municipalismo galego é o alto prezo a pagar polo desenvolvemento de estratexias múltiples que os gobernos autonómico e provincial levan a cabo para reproducirse no poder. Son estratexias fundamentadas en mecanismos de subordinación e de rendicións sen fin. Repartindo subvencións e axudas xenerosas con criterios ideolóxicos e incentivando a irresponsabilidade fiscal. En ambos casos redúcese a autonomía política e dánase profundamente a relación democrática. O municipio atrofia así a súa xenuína dimensión político-institucional e  convértese en instrumento electoral ou partidario. A presencia de redes clientelares espalladas ou consolidadas ten na súa institución municipal o derradeiro elo que garante a súa eficacia e funcionalidade.Esta obra é unha guía imprescindible para coñecer os novos vieiros que debe percorrer o novo municipalismo galego. A reforma das facendas locais, os cambio no seu tipo de financiamento e solvencia financieira e no ámbito urbanístico, o desenvolvemento do pacto local son, entre outros, os aspectos que se abordan con claridade e rigor neste libro, especialmente dirixido a todas aquelas persoas vencelladas co municipalismo.

Xerais en La Cultural Llibreria

  • A campá da lúa -5%
    Titulo del libro
    A campá da lúa
    Villar Janeiro, Helena
    Xerais
    A campá da lúa de Helena Villar Janeiro é un poemario para nenos e nenas de sete anos en diante, nun libro d...
    No disponible

    6,95 €6,60 €

  • APRENDE BANDA DESEÑADA CON FIZ -5%
    Titulo del libro
    APRENDE BANDA DESEÑADA CON FIZ
    Da Silva, Kiko
    Xerais
    Fiz é o neno máis porco do mundo. Gústalle todo o escatolóxico, como falar coas cacas ou facer cadros abstr...
    No disponible

    13,95 €13,25 €

  • Saudar a vida -5%
    Titulo del libro
    Saudar a vida
    Seoane, Xavier
    Xerais
    Este ensaio propón unha defensa da cultura humanística nun mundo de gran desenvolvemento científico, tecnol...
    No disponible

    24,50 €23,28 €

  • Ámote leo a:destino xalundes -5%
    Titulo del libro
    Ámote leo a:destino xalundes
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,50 €14,73 €

  • (G).(11).MOITAS MATES 2.(3 ANOS) -5%
    Titulo del libro
    (G).(11).MOITAS MATES 2.(3 ANOS)
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    6,65 €6,32 €