Cando o embaixador norteamericano Hiram B. Otis resolveu comprar o pazo de Canterville, todos lle foron co conto de que facÃa unha gran parvada porque a casa estaba abofé enmeigada. O propio Lord Canterville, home de honra cumprida como era, sentiuse na obriga de avisalo de que aquela pantasma aparecéralle a familiares seus, que pasaban noites enteiras sen durmir por mor daqueles ruÃdos tan raros que se sentÃan ao final do corredor da biblioteca. Isto non arredrou ao embaixador que consideraba que a pantasma e os mobles non lle eran nin máis nin menos que unha parte do lote que querÃa mercar. «Veño dun paÃs moi adiantado onde non hai cousa que non se poida mercar cartos», pensaba o americano para uen se houbese unha pantasma en Europa, xa estarÃa nalgún museo americano ou mesmo nas rúas, como tÃtere de pago.A pantasma de Canterville, que lle dá tÃtulo a este volume de narracións de Oscar Wilde, traducido para o galego por Gustavo Luca de Tena, é, amais dunha historia de pantasmas, un intelixente estudo de carácter de cada un dos membros dunha familia norteamericana, e das súas reaccións ante as aparicións nocturnas do espectro de Sir Simon de Canterville.O volume, ilustrado por Federico Fernández, inclúe ademais outros contos: «O rei novo», «O xigante egoÃsta», «O rousiñol e a rosa», «O prÃncipe feliz» e «O crime de Lord Arthur Saville», todos eles tinxidos dun fondo lirismo do que agroma unha promesa de esperanza e de solidariedade entre os homes.