A cociña de Larpeiros. 150 receitas

A cociña de Larpeiros. 150 receitas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652024
Año de edición:
Materia
GASTRONOMIA
ISBN:
978-84-9865-202-4
Páginas:
180
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
200
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

22,60 €

Despues:

21,47 €
IVA incluido

A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro  A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o  barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os  sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras. Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, "Os  receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis  que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do  Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada á terra e á memoria". Un libro de receitas que é útil á vez que gorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e tamén aproveita ao padal. O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos que constitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembrar aqueles guisos sólidos, cabais, condimentados con fidelidade aos sabores da infancia e do país. Por esa razón, A cociña de Larpeiros é un libro honesto, no que a cociña propia de Galicia se arrequenta coa doutras tradicións foráneas.
 Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da  Televisión de Galicia, "Larpeiros".

Otros libros del autor en La Cultural Llibreria

Materia en La Cultural Llibreria

  • NUTRICIÓN ESENCIAL -5%
    Titulo del libro
    NUTRICIÓN ESENCIAL
    AA.VV
    Diversa ediciones
    Los autores del blog «Nutrición esencial» nos descubren en este libro sus secretos para compaginar una alime...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €14,16 €

  • LAS SALSAS SECRETAS -5%
    Titulo del libro
    LAS SALSAS SECRETAS
    Seder, Vanessa
    Omega
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    24,10 €22,90 €

  • Pintxos y tapas -5%
    Titulo del libro
    Pintxos y tapas
    AA.VV
    Rustika ediciones
    No disponible

    11,99 €11,39 €

  • La cultura del formatge -5%
    Titulo del libro
    La cultura del formatge
    Gerez, Toni
    Efados
    No disponible

    32,00 €30,40 €

  • AROMA ÁRABE -5%
    Titulo del libro
    AROMA ÁRABE
    Jamal, Salah
    Planeta
    Esta obra reúne relatos históricos, costumbres cuilinarias e interesantes anécdotas del mundo árabe, junto ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    29,90 €28,41 €

Galaxia en La Cultural Llibreria

  • A fama -5%
    Titulo del libro
    A fama
    Kehlmann, Daniel
    Galaxia
    Co ritmo vivo e a habelencia narradora que xa amosara en A medición do  mundo, Daniel Kehlmann compón desta v...
    No disponible

    18,90 €17,96 €

  • Miña irmá ten síndrome de Down -5%
    Titulo del libro
    Miña irmá ten síndrome de Down
    Sagarzazu, Pako
    Galaxia
    Haiche persoas moi distintas e peculiares. Eu, por exemplo, teño unha irmá con síndrome de Down. A diversida...
    No disponible

    8,40 €7,98 €

  • QUE LLES PASA AS PRINCESAS? -5%
    Titulo del libro
    QUE LLES PASA AS PRINCESAS?
    Redondo, Felicia
    Galaxia
    Que lles pasa ás Princesas? Isto é un ruxe-ruxe Non acoden á festa andan bule que bule Igual ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,50 €15,68 €

  • Estudios sobre lírica medieval -5%
    Titulo del libro
    Estudios sobre lírica medieval
    Filgueira Valverde, Xosé
    Galaxia
    Este libro recolle as achegas ao coñecemento da lírica medieval realizadas por Filgueira Valverde entre 1927 ...
    No disponible

    19,10 €18,15 €

  • O CIDADÁN PERFECTO -5%
    Titulo del libro
    O CIDADÁN PERFECTO
    Ricart Leal, Raquel
    Galaxia
    No disponible

    15,50 €14,73 €