Descuento:
-5%Antes:
Despues:
14,44 €Tense dito infinidade de veces que en Galicia non existe a memoria republicana. Que non queda xente de esquerdas que vivise nos te,mpos de Atila en Caliza debuxados coa man sempre fiel á verdade de Castelao. E certo que os fascistas, os falanxistas, os asasinos, despois da guerra civil que aquà non houbo, fixeron todo o posible porque ninguén que fose defensor da República chegase a vello. Pero aÃnda asÃ, gracias a que soportaron vivir sepultados durante décadas, gracias ó exilio e ó silencio, houbo aÃnda moitos republicanos que sobreviviron á barbarie fascista. Os que dende logo acordan aqueles tempos, se non morreron na cama, son os propios falanxistas, os colaboradores do réxime, os que viviron á súa sombra e foron en moitos casos responsables directos ou indirectos dos centos de crimes cometidos, e polos que nunca pagarán perante a xustiza.Estes son os protagonistas do libro 1936, os primeiros dÃas. O equipo de investigación HISTORGA (Historia Oral de Galicia) vén promovendo a recollida de testemuños orais, como fonte principal da reconstrucción de acontecementos históricos e aÃnda decisivos socialmente na actualidade.Dirixidos polo historiador Marc Wouters, MarÃa José V ázquez, Silvia Gómez, Xurxo Pantaleón, José Antonio Pérez, Julio Prada, Xosé Manuel Núñez e Antonio Giráldez procuraron esas voces, esa memoria, esa verdade sobre os dÃas inmediatos á sublevación militar fascista de 1936 e fixérono en Vigo, Betanzos, A Guarda, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Seixalbo e Ourense, dando asà unha visión de conxunto sobre os dramáticos acontecementos que frustraron o avance das forzas progresistas en Galicia.