(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651911
ISBN:
978-84-9865-191-1
Páginas:
226
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
240
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
2O.BACHARELATO

Descuento:

-5%

Antes:

29,00 €

Despues:

27,55 €
IVA incluido

Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura  (estudo que abrangue ata os autores e autoras máis actuais destes inicios do século XXI), o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades para facer deste manual un material motivador  e doado de manexar. Os exercicios serán o complemento que permitirá que o estudo se memorice mellor e, sobre todo, que se comprenda mellor. Todas as Unidades Didácticas se presentan, tanto nos apartados  de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados. Esta é unha vantaxe importante á hora de planificar o estudo e, xa que logo, a comprensión será moito máis doada. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha batería de exercicios moi prácticos e variados, entre os que destacan, en todas as unidades, exames completos de Selectividade que van permitir afrontar esa proba con total seguridade. Como no libro de 1º curso, sabemos que para que a grandeza  da nosa literatura sexa entendida en toda a súa dimensión, é necesario encardinalo cos grandes feitos da historia da humanidade. Por iso, nas unidades de literatura ofrécese unha liña do tempo que explica a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así  como aos grandes acontecementos da historia mundial. Atendendo ás cores, o estudante asiste a unha viaxe no tempo e cara ao futuro.
 O libro de texto de Lingua e Literatura Galega de 2º de bacharelato é,  sobre todo, unha ferramenta útil, non só para comprender os temas que  esixe o programa educativo, senón, tamén, para enfrontarte con éxito ás probas de acceso á universidade. Ao mesmo tempo, e consonte o formulado no 1º curso, está escrito desde o convencemento de que a lingua galega é unha fiestra aberta, para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. A lingua, a nosa, é un vehículo de coñecemento, mais tamén de comunicación.

Otros libros del autor en La Cultural Llibreria

Galaxia en La Cultural Llibreria

  • Nas horas do seu reloxo. Unha viaxe de Antonio Palacios -5%
    Titulo del libro
    Nas horas do seu reloxo. Unha viaxe de Antonio Palacios
    Nº 5
    Giráldez, Diego
    Galaxia
    Antonio Palacios viaxa en tren de Madrid a Galicia na última etapa da súa vida, acompañado pola súa parella...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,50 €21,38 €

  • Finísimo po nas ás -5%
    Titulo del libro
    Finísimo po nas ás
    Quintiá, Xerardo
    Galaxia
    Dun tempo próximo, chegan estas historias que, porén, falan doutro tempo. Do tempo no que as infancias eran m...
    No disponible

    14,50 €13,78 €

  • Cantigas de Santa María -5%
    Titulo del libro
    Cantigas de Santa María
    Afonso X
    Galaxia
    As Cantigas de Santa María, que o rei Afonso X recolleu en galego son,  en xeral, relatos de miragres. Cómpre...
    No disponible

    5,50 €5,23 €

  • Fogar impronunciable. Poesía e pantasma -5%
    Titulo del libro
    Fogar impronunciable. Poesía e pantasma
    Rábade Villar, María do Cebreiro
    Galaxia
    A pantasma como chave de acceso á análise das conexións entre literatura, historia e ideoloxía. ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    23,55 €22,37 €

  • Tres poetas medievais da ría de Vigo -5%
    Titulo del libro
    Tres poetas medievais da ría de Vigo
    Alonso Montero, Xesús;Monteagudo, Henrique;Pozo Garza, Luz
    Galaxia
    O libro é o resultado das achegas de tres estudosos que, desde as ópticas máis acordes coas súas traxectori...
    No disponible

    25,20 €23,94 €