(08).LINGUA E LITERATURA GALEGA 1O.BACHARELATO

(08).LINGUA E LITERATURA GALEGA 1O.BACHARELATO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498650969
ISBN:
978-84-9865-096-9
Páginas:
298
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
240
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
1O.BACHARELATO

Descuento:

-5%

Antes:

29,00 €

Despues:

27,55 €
IVA incluido

Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura, o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades estimulantes, para facer deste manual un material motivador e doado de manexar. Todas as Unidades Didácticas preséntanse, tanto nos apartados de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha ampla batería de exercicios prácticos moi dinámicos, que pretenden fomentar a creatividade e estimular a capacidade crítica do alumnado. Sabendo que os coñecementos de lingua e de literatura son importantes, este libro de texto non pode deixar sen tratar os grandes  asuntos e os grandes retos da sociedade do século XXI: os valores democráticos e de convivencia, o respecto á diversidade, a igualdade de sexos, a reafirmación da personalidade e do espírito crítico, a comprensión dos cambios e as transformacións sociais, a tolerancia, a afirmación da identidade sen renunciar á universalidade, a iniciativa emprendedora, a solidariedade, etc. Todas estas son cuestións de máximo interese e abórdanse dun xeito transversal, pero constante ao longo das lecturas, exemplos, contidos teóricos, xogos e exercicios. Neste sentido é importante destacar o apartado que pecha as distintas unidades, Sarillos e Descubertas, onde se suxiren traballos de investigación, propostas de debate, investigacións na rede, etc., actividades coas que poderán profundar no traballado así como demostrar o talento que atesouran os estudantes de Galicia. As unidades de literatura ofrecen ademais unha liña do tempo para explicar a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así  como aos grandes acontecementos da historia mundial. En definitiva, unha viaxe no tempo e cara ao futuro.
 Un manual elaborado dende a idea de que é necesario ofrecer unha ferramenta educativa útil para profesores e alumnos que, ademais de cumprir rigorosamente cos contidos curriculares esenciais, sirva tamén  para fomentar o interese e a curiosidade pola lingua nosa, pola nosa literatura, e, por extensión, que contribúa a avivar o interese polo mundo contemporáneo. O proxecto da Editorial Galaxia parte do convencemento de que a lingua galega debe ser un vehículo de recoñecemento e de descuberta da realidade, unha fiestra aberta para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. A lingua entendida como  un vehículo de comunicación e como unha ferramenta de coñecemento.

Otros libros del autor en La Cultural Llibreria

Galaxia en La Cultural Llibreria

  • Punver -5%
    Titulo del libro
    Punver
    Castaño, Yolanda
    Galaxia
    Punver é un punki-vermiño. Non ten mal corazón, pero... hai que desastriño de punki-vermiño! ...
    No disponible

    11,15 €10,59 €

  • Obras completas vicente risco vi -5%
    Titulo del libro
    Obras completas vicente risco vi
    Risco, Vicente
    Galaxia
    No disponible

    38,60 €36,67 €

  • Para ler a Castelao T.II -5%
    Titulo del libro
    Para ler a Castelao T.II
    Varios autores
    Galaxia
    Henrique Monteagudo presenta dous estudos: "Castelao: a fábula da súa vida" e "Castelao escritor. O ensaio". ...
    No disponible

    28,15 €26,74 €

  • BEN SABE O MAR QUE POSUO O BOTIN DAS PIRATAS -5%
    Titulo del libro
    BEN SABE O MAR QUE POSUO O BOTIN DAS PIRATAS
    Nº 108
    CAMPELO, LUZ
    Galaxia
    Escrita dende a experiencia de quen sucou os mares e sabe dos naufraxios, das illas e das arribadas. Un Eu...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €

  • Cabaret Voltaire -5%
    Titulo del libro
    Cabaret Voltaire
    Jaureguizar, Santiago
    Galaxia
    Premio de Novela García Barros 2005 Un rexistro paródico e desmitificador é o pano de fondo que lle serve a ...
    No disponible

    18,00 €17,10 €