Vacacións 3 anos pompas de xabón

Vacacións 3 anos pompas de xabón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148496
Any d'edició:
Matèria
QUADERNS DE VACANCES
ISBN:
978-84-9914-849-6
Pàgines:
60
idioma:
GALEGO
Ample:
275
Alt:
310
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
VACACIONS

Descompte:

-5%

Abans:

14,50 €

Després:

13,78 €
IVA inclòs

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo de lecer. Ademais, cambian os hábitos,  as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
 Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos e centros de interese que se tratan, que eles expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
 Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas  ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación. A través destas actividades favorecerase o desenvolvemento de todas as competencias, capacidades e intelixencias múltiples necesarias para superar con éxito este nivel educativo, e constrúense os cimentos para  o curso seguinte. Os contidos que se abordan son, entre outros: o coñecemento do corpo, percepción do tempo e do espazo, os hábitos persoais, o desenvolvemento das rutinas da vida cotiá, a construción da propia identidade, o coñecemento do medio natural e os seus elementos, iniciación nas habilidades matemáticas e o desenvolvemento do pensamento lóxico, os atributos e cualidades dos obxectos, a participación na vida en comunidade e a convivencia, iniciación nos fundamentos da lectoescritura, a linguaxe oral, audiovisual, artística  e corporal...

Matèria a La Cultural Llibreria

Xerais a La Cultural Llibreria

  • Ota quere voar -5%
    Titulo del libro
    Ota quere voar
    Loureiro, Ánxela
    Xerais
    Ota quere voar é unha historia que nos leva a vivir as sensacións dunha gaivota desde o seu nacemento ata a s...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    10,50 €9,98 €

  • XEOGRAFIA E HISTORIA 1º.ESO (SECUNDARIA) XER -5%
    Titulo del libro
    XEOGRAFIA E HISTORIA 1º.ESO (SECUNDARIA) XER
     
    Xerais
    No disponible

    22,84 €21,70 €

  • (G).(08).PAPU 2 ANOS. *GALEGO* (COMPLETO) -5%
    Titulo del libro
    (G).(08).PAPU 2 ANOS. *GALEGO* (COMPLETO)
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    42,60 €40,47 €

  • O violín de Auschwitz -5%
    Titulo del libro
    O violín de Auschwitz
    Anglada I D"abadal, Maria Àngels
    Xerais
    No disponible

    10,10 €9,60 €

  • Para despois do adeus -5%
    Titulo del libro
    Para despois do adeus
    Pena, Xosé Ramón
    Xerais
    Nos tempos da Habana, gardamos sempre unha fotografía da estación; nela estamos Andrea e mais eu; a miña irm...
    No disponible

    14,50 €13,78 €