Tecnoloxías das comunicacións

Tecnoloxías das comunicacións. Unha visión desde Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028384
Any d'edició:
Matèria
ASSAIGS
ISBN:
978-84-8302-838-4
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
ENSAIO

Descompte:

-5%

Abans:

16,65 €

Després:

15,82 €
IVA inclòs

Neste volume ofrécese unha visión panorámica das tecnoloxías, servicios e redes que fan posible o asentamento da Sociedade da Información, enmarcada nunha percepción positiva, sen renunciar ó san escepticismo, do impacto destas tecnoloxías na sociedade, e da súa incidencia no futuro de Galicia. Non hai reto máis importante para un país a día de hoxe que incorporarse con plenitude a esta nova sociedade que as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) están transformando acelerada e imparablemente.Domingo Docampo, rector  da Universidade de Vigo é Catedrático de Teoría do Sinal e Comunicacións na ETS de Enxeñeiros de Telecomunicacións, analiza o proceso de maduración das tecnoloxías da información e as comunicacións e o seu impacto sobre a sociedade Galega. Unha análise rigorosa e divulgativa na que se abordan aspectos como o desenvolvemento da rede Internet, o valor social da información e a identificación da infofauna, o mundo da fibra óptica, as tecnoloxías para as comunicacións móbiles, os accesos vía satélite, as tecnoloxías  da fala, as políticas de desregulación das telecomunicacións, o comercio electrónico, as características dos servicios (telefonía fixa, servicios móbiles e interactivos), o estado das redes institucionais e privadas en Galicia... O volume remata cunha reflexión sobre as posibilidades de Galicia na carreira dixital e na sociedade do coñecemento, formulando unha serie de propostas concre-tas dirixidas a estreitar a fenda dixital como reto de Galicia cara ao futuro.Para o profesor Docampo Galicia xógase moito na carreira dixital xa que nos vindeiros anos haberá que tomar importantes decisións nos ámbitos públicos e privados que contribúan a  acelerar a incorporación plena de Galicia da Sociedade da Información. Tecnoloxías das comunicacións quere animar o debate actual sobre o impacto das TIC para lograr o maior grao de participación posible no deseño de estratexias que axuden a conformar o futuro da nosa socie-dade.

Matèria a La Cultural Llibreria

Xerais a La Cultural Llibreria

  • O Emperador Púrpura -5%
    Titulo del libro
    O Emperador Púrpura
    Brennan, Herbie
    Xerais
    Hai unha lei universal que todos os elfos respectan: cando morre o emperador, o príncipe herdeiro debe ocupar ...
    No disponible

    18,35 €17,43 €

  • Marcas -5%
    Titulo del libro
    Marcas
    Nº 11
    Navaza Blanco, Xavier
    Xerais
    Mitos, valores e iconas que noutrora posuían un xorne idealista, utópico ou revolucionario, forman parte, hox...
    No disponible

    14,50 €13,78 €

  • Tute para catro -5%
    Titulo del libro
    Tute para catro
    Fraga, Xesús
    Xerais
    De inusitada forza e unha clara vontade de facerlle pasar un agradable  momento ó lector, Tute para catro part...
    No disponible

    8,50 €8,08 €

  • Xeo e lume -5%
    Titulo del libro
    Xeo e lume
    Dworkin, Andrea
    Xerais
    Xeo e lume, novela que tivo serias dificultades para ser publicada nos  Estados Unidos, acolle entre as súas v...
    No disponible

    10,70 €10,17 €

  • Contos marabillosos III -5%
    Titulo del libro
    Contos marabillosos III
    Miranda Ruiz, Xosé
    Xerais
    No disponible

    10,35 €9,83 €