Descompte:
-5%Abans:
Després:
7,46 €Inés de Castro, pertencente á poderosÃsima familia galega dos Castros (unha das que máis influÃron na polÃtica dos reinos hispánicos cristiáns no século XIV), entrou en Portugal como dama do séquito de dona Constanza, infanta castelá prometida de don Pedro, infante de Portugal (futuro Pedro I o Cru). Namorados o infante e a Castro iniciaron unha relación, apartada pero pública e coñecida.Desaprobada esta relación polo rei de Portugal don Afonso IV (por razóns de inconveniencia conxuntural), este, por mor de complicadas lideiras polÃticas, manda asasinar a dona Inés, sacrificándoa a " superiores razóns de estado " . Cando o infante don Pedro chega a rei fai recoñecer, " post mortem " , a Inés de Castro como raÃña.Dona Inés xace como raÃña (cabo de don Pedro I) nun magnÃfico monumento tumular no mosteiro de Alcobaça.Dona Xoana de Castro, irmá de dona Inés, que tiña selado un compromiso de matrimonio co rei de Castela Pedro I o Cruel (sobriño do outro Pedro I, o Cru), foi repudiada (por lideiras polÃticas non moi diversas das que provocaron a morte da irmá) na mesma noite de vodas.Estoutra Castro xace como raÃña de Castela nunha tumba da Capela das Reliquias na Catedral de Santiago.Ata aquÃ, brevisimamente, a historia. Logo o mito, a xente que o forxou... e dous destinos de muller. Despois a metáfora... o teatro.