Descompte:
-5%Abans:
Després:
30,50 €A Academia Galega dedicou en 1990 o DÃa das Letras Galegas a LuÃs Pimentel como recoñecemento á obra dun poeta que publicaba en 1950, na mÃtica colección Benito Soto, o seu primeiro libro, Triscos, ao que seguirÃa en 1959 o que se considera o seu poemario central, Sombra do aire na herba, publicado postumamente por Editorial Galaxia cunha introdución de Celestino Fernández de la Vega. De Pimentel, tamén escritor en castelán, publicarÃase en 1960 o libro Barco sin luces, poemario esencial para achegarse ao universo poético pimentelián. Mais non serÃa ata 1981 cando se publicase, en edición de Araceli Herrero Figueroa, a súa Obra inédita o no recopilada. A estes tÃtulos, a presente edición da Obra completa engade aqueles textos que, desde 1981, foron dados a coñecer, amais de artigos, textos sobre arte e textos para a escena, un deles para o teatro, e tres ballets. Toda a obra de LuÃs Pimentel reunida nun único volume que permite a lectores e lectoras achegarse a esta obra literaria esencial para as nosas letras e facelo dun xeito ordenado, o que facilita a lectura e a percepción da obra no seu conxunto.
Por primeira vez, publÃcase a Obra completa do poeta LuÃs Pimentel. Nun único volume e en edición ao coidado da profesora Araceli Herrero Figueroa, unha das grandes especialistas na obra pimenteliá, inclúese a súa poesÃa en galego e en castelán, textos en prosa e textos para a escena.