Descompte:
-5%Abans:
Després:
23,70 €Co pouso do tempo, refago, reelaboro escritos de momentos de intensa actividade memorialista, consciente de que o labor non só non está esgotado, senón que a memoria aÃnda non virou en historia. Algúns deses retallos arrexuntados en forma de cinco capÃtulos viron a luz baixo o rótulo de Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor. Nesta media ducia de traballos refeitos dende as iniciais notas para a acción, regreso ao Val de Miñor sometido ao terror desatado en xullo de 1936 e repaso, a xeito de recordatorio, tres lustros de intervención memorialista, mentres abro o obxectivo da pescuda a territorios lindeiros, como o Tomiño baixomiñoto, o Mos da Louriña ou o campo de concentración de Santa MarÃa de Oia, mentres os matinares abanean entre Memoria e Historia.