O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓO
 IBD

O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓO

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484873273
Any d'edició:
Matèria
POL?TICA
ISBN:
978-84-8487-327-3
Pàgines:
202
idioma:
GALEGO
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Col·lecció:
ENSAIO

Descompte:

-5%

Abans:

19,90 €

Després:

18,91 €
IVA inclòs
Comprar

O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓO
Sete anos en negro

Cómpre un balance do desgoberno de Feijóo. Sete anos perdidos, sete
anos en negro. Este é o «éxito económico» de Feijóo: no primeiro trimestre
de 2009, co goberno bipartito (PSOE-BNG), Galiza tiña 162.700 persoas
desempregadas, cunha taxa de paro do 12,22%, e acababa 2015 con
222.700 parados e unha taxa do 17,74%; nese mesmo período, a débeda
pública de Galiza pasaba de 3.923 millóns de euros a 10.375 millóns,
e Galiza perdía máis de 18.000 millóns de euros na súa capacidade de
gasto, pasando de 11.793 millóns de euros en 2009 a 8.873 millóns en
2016. Galiza recada cada ano 3.000  millóns de euros máis do que despois
inviste o Estado na nosa nación. Perdemos 8.464 millóns de euros dende
a entrada en vigor do  sistema de financiamento autonómico en 2009. E
Feijóo calou.
Retroceso no Estado de Benestar. Recorte de 237 millóns de euros no
orzamento de Sanidade (un 18%), hai un proceso de privatización da sanidade
pública e suprimíronse máis de 3.000 postos de traballo. Recorte
de 256 millóns de euros no orzamento de  Educación desde 2009, coa
perda de máis de 2.000 ensinantes. Hai 23.672 persoas dependentes, que
seguen esperando por unha prestación, e 465.852 persoas (o 16,14% da
poboación) viven na Galiza por debaixo do limiar da pobreza.
Desmantélase o sistema financeiro galego e as caixas fusionadas véndense,
a prezo de saldo, a un banco venezolano. Perdemos o Banco Pastor
e o noso aforro tamén emigra. Abandono de sectores estratéxicos da
nosa economía: volven as tractoradas en defensa dun prezo digno para
o leite; paralización da construción naval; temos menos barcos de pesca
e perdemos caladoiros; a Xunta practica unha nefasta política  forestal e o
PP prorroga a concesión a Ence na ría de Pontevedra até 2073.
Continúa a corrupción nos concellos galegos e o financiamento ilegal
do PP. O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, está
procesado por ofrecer traballo a cambio de  sexo. E Feijóo non sabía nada.

Altres llibres de l'autor a La Cultural Llibreria

Matèria a La Cultural Llibreria

Laiovento (ibd) a La Cultural Llibreria

  • O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS
    José Rodríguez Cruz
    Laiovento (ibd)
    Título: O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS.Subtítulo: RELATOS, CONTOS E LENDAS DE TRADICIÓN ORAL.Atopar un...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,00 €9,50 €

  • Música para días de inverno
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Música para días de inverno
    Pablo Nogueira
    Laiovento (ibd)
    Nesta novela técense dúas historias persoais que se enguedellan inevitablemente coma o bruar dunha melodía i...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €14,21 €

  • A máquina ousada. Pondal e a literatura
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    A máquina ousada. Pondal e a literatura
    Manuel Castelao Mexuto
    Laiovento (ibd)
    Eduardo Pondal foi o máis parecido a un escritor profesional que houbo  entre nós, por non estar obrigado a g...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €17,05 €

  • O raposo Renarte e o lobo Grisengrín
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    O raposo Renarte e o lobo Grisengrín
    Nº 448
    Lison, Richard de
    Laiovento (ibd)
    Tradución, introdución e notas de Herique Harguindey Banet-O raposo Renarte e o lobo Grisengrín (Roman de Re...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €18,95 €

  • Murguía. Cen anos despois
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Murguía. Cen anos despois
    Henrique Rabuñal Corgo
    Laiovento (ibd)
    Home de inmensa cultura, lector infatigábel, enérxico polemista, auténtica enciclopedia galega, Manuel Murgu...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €14,21 €