O bandido Casanova

O bandido Casanova

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025451
ISBN:
978-84-8302-545-1
Pàgines:
272
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
145
Alt:
220
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
NARRATIVA

Descompte:

-5%

Abans:

19,50 €

Després:

18,53 €
IVA inclòs

Nesta primeira e sorprendente obra de Hixinio Puentes reconstrúese de forma novelada a historia de Mamede Casanova, alias Toribio, o bandoleiro galego de máis sona do século XX. Mamede Casanova volve ó mundo como peoneiro nas obras do ferrocarril A Coruña-Zamora, no comezo da Segunda República, relembrando as diversas secuencias da súa  historia, coma se un malfadado sino o empurrase cara a desventura para facerse presente na desesperanza. O protagonista dos feitos, que fixeron correr ríos de tinta na prensa galega da época e mesmo inspiraron a plumas famosas, narra demoradamente en primeira persoa os  acontecementos da súa vida, dende o seu nacemento en Grañas do Sor, Mañón en 1883, ata que é indultado o 28 de novembro de 1928, despois de que lle fose conmutada a pena de morte pola cadea perpetua, que o levaría durante vintecinco anos de cárcere en cárcere (Santa Marta de Oritgueira, tralos primeiros roubos, o Parrote da Coruña, Santoña, Ceuta, San Miguel de los Reyes-Valencia, Figueres... O longo das máis de duascentas páxinas, de lectura engaiolante, o lector irá desvelando  as peripecias da fuxida do bandoleiro dende os seus primeiros roubos,  a morte de Manuela, a criada do cura, ata que cae na trampa que lle arma o cura do Freixo pola que é prendido. Hixinio Puentes, bo coñecedor da historia do bandoleirismo en Galicia, reconstrúe nesta obra de acción as andanzas temerarias deste Casanova en potencia, ó tempo que recrea diversos tipos humanos, a paisaxe montañesa da bisbarra de Ortigueira, o tránsito carcerario ou o aparato xudicial, dbuxados con acedos trazos e imaxes esperpénticas.O bandido Casanova é  unha novela picaresca, ó xeito do Lazarillo ou o Buscón, narrada nunha prosa magnífica, onde salienta a utilización dunha lingua de raíz, enchida de xiros populares, e presencia do humor cercano, ás veces, ó de Fernández Flórez. E tamén a destacar a coidadosa reconstrucción histórica da Galicia en tránsito do Unha grande primeira novela dun narrador maduro.

Altres llibres de l'autor a La Cultural Llibreria

  • Monbars o Exterminador -5%
    Titulo del libro
    Monbars o Exterminador
    Puentes, Hixinio
    Xerais
    Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes é unha novela de aventuras, con alento de Stevenson ou John Steinbec...
    No disponible

    22,50 €21,38 €

  • Winnipeg -5%
    Titulo del libro
    Winnipeg
    Nº 334
    Puentes Novo, Hixinio
    Xerais
    Co advento das ditaduras morre a liberdade e a poesía. Así aconteceu tamén con aquel poeta chileno que freta...
    No disponible

    20,95 €19,90 €

  • Aguillóns de Ortegal -5%
    Titulo del libro
    Aguillóns de Ortegal
    Puentes, Hixinio
    Xerais
    Con sabor a novela de aventuras, Hixinio Puentes ofrécenos en Aguillóns de Ortegal unha historia ambientada n...
    No disponible

    24,95 €23,70 €

Xerais a La Cultural Llibreria

  • OS PIRATAS -5%
    Titulo del libro
    OS PIRATAS
    Valios I Buñuel, Ignasi
    Xerais
    Son piratas barbudos, piratas ousados e, se hai festa rachada, apúntanse á foliada: son piratas! As aventuras...
    No disponible

    17,50 €16,63 €

  • O recendo das mimosas -5%
    Titulo del libro
    O recendo das mimosas
    Agra, Agustín
    Xerais
    Unha ducia de relatos forman esta primeira entrega de Agustín Agra en Xerais Narrativa, que se abre coa narrac...
    No disponible

    19,95 €18,95 €

  • Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2010 -5%
    Titulo del libro
    Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2010
    Mosteiro García, Manuel Antón
    Xerais
    No disponible

    12,40 €11,78 €

  • A terra cantada -5%
    Titulo del libro
    A terra cantada
    Nogueira, Camilo
    Xerais
    Camilo Nogueira ofrece nÆ A terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (inte...
    No disponible

    24,50 €23,28 €

  • O libro da empanada -5%
    Titulo del libro
    O libro da empanada
    Casalderrey, Fina;García, Mariano
    Xerais
    A empanada é un símbolo da mellor cociña de Galicia. E, abofé, un signo de identidade. Xenerosa, saborosa e...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    31,50 €29,93 €