Naufraxios no mar de Vigo

Naufraxios no mar de Vigo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820196
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-9782-019-6
Pàgines:
216
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
145
Alt:
220
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
CRONICA

Descompte:

-5%

Abans:

18,70 €

Després:

17,77 €
IVA inclòs

No século XX o mar de Vigo viu perecer a centos de persoas en máis de seiscentos accidentes marítimos rexistrados tanto na ría de Vigo como nas súas inmediacións. Embarcacións militares como a canoneira Condor;  vapores como Berlín; trasantlánticos como o Veronese, o Siboney, ou o  Hammonia; lanchas de pasaxe como a Monchiña; petroleiros como o Polycommander, iates como o Thalassa; traiñeiras como a Josefa e pesqueiros como o Cuatro Hermanos, o Nueva República, o Tito, o Ave del mar, o Marbel atoparon nas augas viguesas o punto final das súas singraduras, deixando en terra unha estela de dó e morte. Cabo do Mar,  os Farallóns, Punta Borneira, as Cíes e mesmo a enseada de San Simón souberon de varadas, afundimentos, abordaxes, incendios e vías de auga  que encheron os xornais da época de arrepiantes narracións, de heroicos rescates e de inconsolables desgracias familiares. Francisco Díaz Guerrero reconstrúe a negra crónica dos naufraxios do mar de Vigo e avivece na nosa memoria a lembranza dos seus tráxicos protagonistas. Tratando sempre de non furgar no drama e de fuxir da recreación morbosa, non resulta estraño asistir a citas cando menos curiosas como a que se relata no naufraxio do pesqueiro de Bouzas Montenegro núm. 3 ou o rescate dos touros sementais, xuvencas e ovellas do trasatlántico inglés Higland Pride, naufragado preto de Baiona. Finalmente, e debido á ampla repercusión social que tivo na súa época, o libro recolle o curioso naufraxio do globo aerostático belga Prince Leopold, que, no ano 1925, mantivo expectantes ás xentes de Vigo e e a súa bisbarra. Naufraxios no mar de Vigo é moito máis que  un relatorio informado destes malfados episodios: é unha apaixonada homenaxe aos homes e mulleres que, sucando os mares, escriben a historia desa potencia marítima que é Galicia.

Altres llibres de l'autor a La Cultural Llibreria

Matèria a La Cultural Llibreria

Xerais a La Cultural Llibreria

  • O SEñOR CORPO QUERE XOGAR -5%
    Titulo del libro
    O SEñOR CORPO QUERE XOGAR
    BORRáS, ALICIA
    Xerais
    O señor Corpo quere xogar, quere moverse, quere brincar. Dona Cabeza vaille axudar, os ollos terán que mirar,...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    12,50 €11,88 €

  • A man dos paíños -5%
    Titulo del libro
    A man dos paíños
    Rivas, Manuel
    Xerais
    Unha maneira perturbadora de definir Galicia sería falar dun país productor de emigrantes e náufragos. Eles ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    20,50 €19,48 €

  • A torre da derrota -5%
    Titulo del libro
    A torre da derrota
    Navaza Blanco, Gonzalo
    Xerais
    No disponible

    17,25 €16,39 €

  • O saber do pobo -5%
    Titulo del libro
    O saber do pobo
    Albán Laxe, Calixto
    Xerais
    Este volume ocúpase dun dos campos máis fértiles do nos patrimonio inmaterial, o do vizoso repertorio dos ba...
    No disponible

    41,85 €39,76 €

  • Viaxe ó centro da Terra -5%
    Titulo del libro
    Viaxe ó centro da Terra
    Verne, Jules
    Xerais
    O 24 de maio de 1863 dá Comenzo esta historia que acabamos de poñer por primeira vez en galego: unha das cél...
    No disponible

    10,15 €9,64 €