Manuel Murguía. Vida e obra

Manuel Murguía. Vida e obra

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024904
ISBN:
978-84-8302-490-4
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
LETRAS GALEGAS

Descompte:

-5%

Abans:

9,55 €

Després:

9,07 €
IVA inclòs

Manuel Murguía. Vida e obra, o volume preparado por Xosé Ramón Barreiro Fernández, catedrático e membro da Real Academia Galega, e por Xosé Luis Axeitos, profesor e investigador de Literatura Galega, pretende debuxar o perfil dun personaxe de gran interese para Galicia sen necesidade de recorrer a adxectivos grandilocuentes, nin a louvanzas desmesuradas. Os autores non pretenden ocultar as evidentes contradiccións nas que desenvolveu a vida e obra de Murguía, tratando de darlle unha explicación racional no contexto da cultura europea da época. Apórtanse datos concretos sobre certos episodios pouco coñecidos da súa vida, repasando tódalas súas actividades creativas e profesionais: periodismo e literatura, constructor do feito diferencial de Galicia, funcionario, político e académico e sempre polémico e polemista.Manuel Murguía. Vida e Obra organízase nos seguintes apartados: "Biobliografía de Manuel Murguía. Cronoloxía", traballo de carácter introductorio que permite seguir paso a paso as visitudes do personaxe a través dos correspondentes espacios vitais polos que transitou; "As etapas dunha vida", que supón un achegamento biográfico á figura humana de Murguía, dende a súa etapa compostelana (1833-1851), a súa estancia en Madrid (1851-1858), onde mesturou literatura e bohemia, á década que dedicou á historia (1959-1869), ata  á creación da Real Academia Galega, da que foi o primeiro presidente;  "Murguía, historiador do feito diferencial de Galicia", que estudia a  súa dimensión como o primeiro teorizador do feito diferencial galego,  base teórica do movemento cultural e político do galeguismo. Remata o  volume cunha completa bibliografía sobre a obra de quen é homenxeado este ano 2000, no "día das Letras Galegas". O volume inclúe, tamén, unas selección de fotos e documentos que complementan este esbozo de Manuel Murguía, no que aparece máis preto, máis humano e, xa que logo,  máis noso.

Xerais a La Cultural Llibreria

  • (03).CADERNO LINGUA 2º.ESO -5%
    Titulo del libro
    (03).CADERNO LINGUA 2º.ESO
    Orizales Orizales, Emiliano
    Xerais
    No disponible

    8,08 €7,68 €

  • Facer teatro -5%
    Titulo del libro
    Facer teatro
    Vieites, Manuel F.
    Xerais
    No disponible

    4,36 €4,14 €

  • A Venus de cristal -5%
    Titulo del libro
    A Venus de cristal
    Suárez, Chelo
    Xerais
    Pietro Puliani é un afamado vidreiro veneciano que posúe grandes coñecementos sobre alquimia e poderes adivi...
    No disponible

    20,50 €19,48 €

  • Antígona, a forza do sangue -5%
    Titulo del libro
    Antígona, a forza do sangue
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    No disponible

    6,25 €5,94 €

  • Cara a times square -5%
    Titulo del libro
    Cara a times square
    Gonsar, Camilo
    Xerais
    No disponible

    8,00 €7,60 €