Grego bacharelato

Grego bacharelato

Editorial:
Baia
EAN:
9788496526884
Any d'edició:
Matèria
LLIBRE DE TEXT
ISBN:
978-84-96526-88-4
Pàgines:
384
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
1ºBACHARELATO

Descompte:

-5%

Abans:

31,00 €

Després:

29,45 €
IVA inclòs

O libro está estruturado en doce unidades didácticas incluíndo ao final unha Antoloxía de textos, Paradigmas e un Vocabulario. Cada unidade consta de tres partes interrelacionadas entre si: dúas referidas principalmente a aspectos culturais e unha máis centrada na lingua. Todas inclúen actividades. Nunha Primeira Parte, que dá título  á unidade, ofrécese información sobre o mundo cotián e mitolóxico a través de textos traducidos e imaxes artísticas gregas; a continuación, e baixo o nome de Persistencia do mito, preséntanse textos e obras de arte que amosan a súa influencia na cultura galega e  foránea. Incorpóranse tamén actividades e suxerencias de ampliación. A Segunda Parte é a especificamente gramatical. Ten explicacións breves e abundantes exercicios. Tradúcense primeiro frases e, progresivamente, textos orixinais. Insertamos unhas listas de vocabulario de "máxima frecuencia" -feito a partir dos autores máis representativos- pois consideramos que a súa aprendizaxe facilita o achegamento aos textos. Cada lista vai acompañada de diversas actividades (antónimos, derivación, helenismos, familias léxicas...) para unha máis doada e rápida adquisición de coñecementos léxicos. No segundo curso de Bacharelato é necesario que o alumnado ademais se familiarice co uso do dicionario. Nesta parte hai tamén un apartado denominado E se queres avanzar máis..., no que se oferta material de ampliación que permite adecuarse  aos distintos niveis de coñecemento adquiridos polo alumnado. A Terceira é a parte histórica e cultural, presentada por medio dunha viaxe, co apoio de imaxes e textos. Inclúe actividades e suxestións de  ampliación, así como referencias de libros, CD - Rom e enderezos de Internet. Todas as unidades levan exercicios de recapitulación. A 4, 8 e 12 inclúen, ademais, unha autoavaliación. Pode recorrerse a esta parte para insistir nalgún punto da materia ou mesmo para exames. O presente manual cumpre coas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego aprobadas pola Real Academia Galega en Xullo de 2003.

Matèria a La Cultural Llibreria

Baia a La Cultural Llibreria

  • Guía de ecoloxía cotiá -5%
    Titulo del libro
    Guía de ecoloxía cotiá
    Pérez Rodríguez, Ramsés
    Baia
    A presente guía é o resultado do traballo desenvolvido polo seu autor nos últimos sete anos en diferentes pr...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    11,06 €10,51 €

  • Árbores froiteiras en Galicia -5%
    Titulo del libro
    Árbores froiteiras en Galicia
    Camacho Literas, Juan Luis
    Baia
    Esta guía representa o mellor instrumento para a plantación e mantemento de árbores froiteiras en Galicia. E...
    No disponible

    12,20 €11,59 €

  • As escumas da letra -5%
    Titulo del libro
    As escumas da letra
    Mariño Davila, Esperanza L.
    Baia
    A teor do subtítulo do libro, na biografía, con sólidas raíces na cidade da Coruña e na súa prolongación...
    No disponible

    20,00 €19,00 €

  • As horas mortas -5%
    Titulo del libro
    As horas mortas
    Pedreira, Emma
    Baia
    Concibido como unha guía de lugares mais tamén como un compendio de historias para ler desde o sofá, este li...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    28,00 €26,60 €

  • Os animais da granxa -5%
    Titulo del libro
    Os animais da granxa
    Nº 4
    Patrick, David
    Baia
    Unha obra interactiva e divertida para comprender a vida dos animais. Xogos pedagóxicos para nenas e nenos.&nb...
    No disponible

    12,40 €11,78 €