Ganga

Ganga

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027240
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8302-724-0
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
NARRATIVA

Descompte:

-5%

Abans:

16,65 €

Després:

15,82 €
IVA inclòs

Ganga, a última achega narrativa de Antón Lopo, ten un dono e señor que é o propio Ganga, un protagonista ácrata e excesivo que conduce ao  lector a unha aventura sen retorno. Ganga, un gordecho psicotropicómano de cento vinte quilos, enleado nunha trama de narcotraficantes e comunidades secretas de intelixencia que procuran a  felicidade perpetua, emprende unha viaxe na procura do amor e da morte que o levará dende a súa Compostela, ao Hío, a Barcelona, a Compostela, de novo, e logo á India. Ganga viaxa para deixar atrás o seu pasado, buscando sempre o amor e o coñecemento da verdade, que se agacha tralas máscaras dos seus seres máis próximos.Ganga é unha novela nómade, á que só se lle recoñecen ancoraxes xeográficas, porque  a súa trama trepidante conduce a unha festa de xéneros, a unha itinerancia de rexistros por vieiros fragmentarios e paralelos. En Ganga todo é múltiple, aberto e posible, e por iso os traficantes de eternidade ou as comunidades secretas de intelixencia poden convivir no seu celme fantástico, con estructuras literarias propias do melodrama, da ciencia ficción, do xénero fantástico ou da road movie.Novela de personaxe, -a suor de Ganga, o seu peso formidable, as  súas alucinacións cheas de sentido enchoupan todo o volume-, Ganga ergue unha caste de estoicismo sereno que, nun constante cuestionamento da súa identidade, permítelle ao narrador ofertar un galano de poética neutralidade. O autor amosa o mundo como o ve, sen impoñer xuízos morais, rexeitando dogmas e imposicións, convencido de que a única forma de aprehender o mundo é non interferindo no que narra. En Ganga, onde aparece un amplo ronsel de personaxes secundarios, responsables en ocasións das teses e reflexións sobre o amor, o sexo ou a propiedade, flúen tamén as claves dunha mitoloxía contemporánea que Antón Lopo dispuxo nunha sorte de irónica espiral, un combate de mundos paralelos que non revelará as súas razóns e o seu  sentido ata practicamente a fin do texto.

Altres llibres de l'autor a La Cultural Llibreria

  • Arturo Baltar -5%
    Titulo del libro
    Arturo Baltar
    Lopo, Antón
    Deputacion provincial ourense
    No disponible

    35,00 €33,25 €

  • Lampíricos -5%
    Titulo del libro
    Lampíricos
    Lopo, Antón
    Chan da polvora
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    18,00 €17,10 €

  • CORPO VENTOBRANCO ABLATIVO ABSOLUTO -5%
    Titulo del libro
    CORPO VENTOBRANCO ABLATIVO ABSOLUTO
    Lopo, Anton
    Xerais
    « " Corpo " é unha obra onde poesía, amor, sexo e morte conflúen na noda dunha escrita limpa e im...
    No disponible

    14,50 €13,78 €

  • Os homes só contan até tres -5%
    Titulo del libro
    Os homes só contan até tres
    Lopo, Antón
    Xerais
    Os homes só contan até tres, o drama de Antón Lopo gañador do premio Alvaro Cunqueiro para textos teatrais ...
    No disponible

    14,00 €13,30 €

  • Lampíricos -5%
    Titulo del libro
    Lampíricos
    Nº 34
    Lopo, Antón
    Letraversal
    Está la luz. Donde la luz proyecte su camino recto todo sonido aguarda. Está el descenso súbito. La máscara...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,90 €14,16 €

Matèria a La Cultural Llibreria

Xerais a La Cultural Llibreria

  • O pequeno mago -5%
    Titulo del libro
    O pequeno mago
    Cameselle, Roque
    Xerais
    Uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso,...
    No disponible

    19,50 €18,53 €

  • Que queres ser de maior, pequena? -5%
    Titulo del libro
    Que queres ser de maior, pequena?
    Fernández Trelles, Sabela
    Xerais
    Que che gustaría ser de maior? A Antía moito a amola que os adultos lle fagan decote esa pregunta e, aínda m...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    16,50 €15,68 €

  • Viaxe por Galicia -5%
    Titulo del libro
    Viaxe por Galicia
    Borrow, George
    Xerais
    «A viaxe por Galicia» constitúe unha parte do libro The Bible in Spain, escrito por George Borrow, aventurei...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,50 €13,78 €

  • Meu pai é estupendo -5%
    Titulo del libro
    Meu pai é estupendo
    Butterworth, Nick
    Xerais
    No disponible

    7,00 €6,65 €

  • Raclette -5%
    Titulo del libro
    Raclette
    Nº 21
    Cortegoso Calvar, Santiago
    Xerais
    Raclette, de Santiago Cortegoso, gañadora do XXII Premio Alvaro Cunqueiro de textos teatrais, é unha obra que...
    No disponible

    15,50 €14,73 €