Descompte:
-5%Abans:
Després:
10,55 €Eliana en ardentÃa ou Bernardo destemplado a traxicomedia de Roberto Salgueiro González foi merecedora do Premio Alvaro Cunqueiro de Teatro 2000. Bernardo, fillo do señor de Terzi, pretende determinar a lonxitude, capacidade e masa do amor; a preocupación central do seu pensamento. Coñecedor profundo dos tratados do amor cortés, nunca experimentou ese curioso sentimento que o leva a ruar pola Verona do Renacemento co desexo de poñer fin a súa procura desesperada. A doncela Eliana, a filla de Rucellai, encar-ga a experta RosalÃa o arranxo do seu xardÃn do PrÃncipe co desexo de seducir a Bernardo, o seu amor idolatrado. A ardente Eliana pretende aprender a palabra exacta para falar con Bernardo lendo os versos clásicos de Virxilio, Cátulo, anque prefire as historias do seu contemporáneo Bocaccio.Eliana en ardentÃa ou Bernardo destemplado é unha divertidÃsima traxicomedia de amores ridÃculos; unha irónica reflexión sobre os lÃmites entre o amor literario, ideal e perfecto, e o amor mundano que acalma a ardentÃa voraz dos corpos. O amor é un asunto divertido que ocupa bibliotecas, materia poética que arriquece literaturas.