Demde o conflito

Demde o conflito

Nº:
360
Editorial:
Xerais
EAN:
9788499147376
Any d'edició:
Matèria
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9914-737-6
Pàgines:
296
Enquadernació:
RUSTICA
idioma:
GALEGO
Ample:
150
Alt:
220
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
NARRATIVA

Descompte:

-5%

Abans:

19,95 €

Després:

18,95 €
IVA inclòs
Comprar

Saínza Combarro, unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a BBC, vive en carne propia o dilema de optar polo cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve cos seus propios ollos ou optar  por defender a verdade íntima de quen é testemuña dos feitos máis arrepiantes. A través dela, a novela fala da importancia do exercicio xornalístico nas situacións de conflito, pero sobre todo da importancia de buscar unha posición ética de relación con todas aquelas persoas esquecidas e que fican silentes do outro lado das noticias. Incluso, por paradoxal que semelle, as propias xornalistas. As dificultades e os atrancos, mais tamén a reformulación da vida propia desde o extremo, van alén do evidente e buscan transmitir desde  a emoción próxima da carne e o óso, desde unha posición rebelde cos papeis dados, a procura da propia voz para que as outras tamén a teñan. Probablemente por iso, porque a personaxe vive situacións límite, "Dende o conflito" é unha novela sobre a evolución e a construción dunha persoa que loita por ser exactamente o que ela quere  ser.
 "Dende o conflito" rende homenaxe ás mulleres xornalistas que souberon  poñer a verdade dos conflitos bélicos por enriba de todo. Da man da protagonista viaxamos desde o Congo a Irak, desde Etiopía a Afganistán, desde Sri Lanka a Haití, pero tamén a Berlín, Barcelona, Compostela e Vilalba, que son os lugares onde Saínza se protexe da violencia buscando o agarimo e o refuxio dos afectos como unha necesidade vital para non renderse nunca.
 E é que "Dende o conflito" é unha novela sobre o xornalismo, sobre a guerra, sobre o abismo entre o norte e o sur, sobre a pobreza, sobre a  fame, a miseria e a marxinación, pero, moi especialmente, é unha novela sobre o valor da amizade e do amor, sobre a diversidade e a contradición dos sentimentos e, en definitiva, sobre a esencia das cousas que son as realmente importantes na vida.

Altres llibres de l'autor a La Cultural Llibreria

  • Retorno -5%
    Titulo del libro
    Retorno
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Xerais
    Nun mundo onde a «Cobiza» deu paso á destrución, no momento en que as «Multitudes» se atopan na encrucill...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    18,95 €18,00 €

  • CORPOS EXORBITANTES -5%
    Titulo del libro
    CORPOS EXORBITANTES
    Reimóndez, María
    Usc.univ.santiago compostela
    Estas páxinas afondan na recuperación de Rosalía de Castro como tradutora feminista en diálogo coa canadens...
    No disponible

    8,00 €7,60 €

  • A COLMEA
    Antic
    -5%
    Titulo del libro
    A COLMEA
    Bartiková, Petra;Sojdr, Martin;Reimóndez, María
    Baia
    Imaxina que es unha abella e pasas un día na colmea. Como sería? Na primavera voarías de flor en flor recoll...
    DISPONIBLE (Lliurament en 3-4 dias)

    13,80 €13,11 €

  • Bárbaras! -5%
    Titulo del libro
    Bárbaras!
    Reimóndez, María
    Xerais
    Por incrible que pareza, falar da menstruación segue sendo complicado e mesmo controvertido. Un proceso corpor...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,50 €13,78 €

  • O son das buguinas -5%
    Titulo del libro
    O son das buguinas
    Aleixandre, Marilar;Alfaya, An;Alonso, Fran;Aneiros, Rosa;Fernández Paz, Agustín;Reimóndez, María;Ruíz, Dolores
    Xerais
    O son das buguinas é un libro e DVD solidarios promovidos por Implicadas/os no Desenvolvemento (IND), unha Org...
    No disponible

    22,45 €21,33 €

Matèria a La Cultural Llibreria

Xerais a La Cultural Llibreria