Descompte:
-5%Abans:
Després:
20,90 €Este manual edición revisada, actualizada e ampliada da primeira de 1999 (TopoloxÃa xeral. Introducción
aos espacios topoloxicos, metricos e euclidianos) abrangue os coñecementos fundamentais da topoloxÃa
conxuntista elemental, cubrindo as necesidades da análise matemática, da xeometrÃa e da topoloxÃa alxébrica. A selección de temas tratados e a súa extensión responden á vontade de achegar resultados significativos, respostas interesantes ás cuestións suscitadas, mesmo se rebordan o nivel elemental do manual, o que converte este libro, ademais, nunha obra de referencia e consulta. AsÃ, estúdase un resultado profundo de extensión de aplicacións, inclúese un teorema moi xeral de metrizabilidade, constrúese un mergullo dunha variedade compacta nun espazo euclidiano Nesta nova edición amplÃase o programa, para abordar homotopÃa, grupo fundamental e teorema de clasificación das superficies compactas. Na concepción do manual foi determinante a atención preferente aos obxectos de principal interese matemático, sexan espazos euclidianos, aos que se dá un tratamento independente, sexan superficies, presentadas como espazos cociente de rexións planas, sexan o espazo de Banach de funcións reais limitadas ou o espazo de Hilbert de sucesións de cadrado sumábel, como exemplos salientábeis de espazos métricos diferentes dos euclidianos. O texto compleméntase cunha ampla colección de exemplos e exercicios.