Caer abrindo círculos pechados

Caer abrindo círculos pechados. Homenaxe á profesora Amparo Solla

Nº:
13
Editorial:
Universidade de vigo
EAN:
9788481589337
Any d'edició:
Matèria
LLIBRE DE TEXT
ISBN:
978-84-8158-933-7
Pàgines:
326
Enquadernació:
RUSTICA
idioma:
GALEGO
Ample:
170
Alt:
240
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
Homenaxes

Descompte:

-5%

Abans:

10,00 €

Després:

9,50 €
IVA inclòs
Avisar disponibilitat

As compañeiras e compañeiros de Amparo Solla ao longo de moitos anos de convivencia en aulas, departamento, facultade e vida, quixémoslle render unha sentida e emotiva homenaxe a unha persoa que foi exemplo de docente entregada ao alumnado e compañeira alegre e fraterna. Ademais das colaboracións de profesorado do noso Departamento de Filoloxía Galega e Latina dos tres campus, este volume complétase coa achega de exalumnos e compañeiros doutros departamentos para lle tributarmos unha merecida homenaxe e un cariño a unha gran compañeira,  docente de Lingua e Literatura Galegas do campus das Lagoas, nos altos de Marcosende, en Vigo. Ábrese este volume cunha nota íntima e biográfica, seguida de 14 variados estudos sobre literatura, onomástica, conto popular, pedagoxía, tradución, retórica, teatro, fraseoloxía que recoñecen e agradecen deste xeito o labor de Amparo Solla, tal e como se mostra no cabezallo de moitos dos textos. Son contribucións guiadas polo recoñecemento e o agradecemento a quen durante moitos anos compartillou a nosa angueira de re-prestixiar e normalizar a nosa lingua e o noso sistema literario desde as aulas universitarias de Vigo, desde unha docencia exercida con cariño e entrega ao alumnado e un compañeirismo sempre cheo de empatía e alegría. Beizón sempre, Amparo Solla González.

Matèria a La Cultural Llibreria

Universidade de vigo a La Cultural Llibreria