Descompte:
-5%Abans:
Després:
13,30 €"Hoxe Vera érguese animada, disposta a atopar a solución
dunha vez por todas.
?Vamos alá!
Xa hai tempo que anda preocupada e esta mañá, por fin,
decide saír na procura de miradas. Crúzase con moita xente, pero... miradas, non atopa ningunha?"
«Atrapamiradas» é o espello da realidade no que moitas nenas
e nenos se ven reflectidos cada día, cunha sociedade enganchada
aos dispositivos móbiles. Pero por infinita que sexa a oferta
de chamadas, mensaxes, fotos, música, redes sociais, aplicacións e páxinas web polas que navegar, nada é equiparable ás ?cousas máis marabillosas? que se poden apreciar, non a través
dunha pantalla, senón da retina.