As chamadas perdidas

As chamadas perdidas

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028117
Matèria
LITERATURA
ISBN:
978-84-8302-811-7
Pàgines:
216
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
145
Alt:
220
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
NARRATIVA

Descompte:

-5%

Abans:

19,50 €

Després:

18,53 €
IVA inclòs

Como cando as paredes oen aos amantes, "Así, máis, máis, máis", estes novos relatos de Manuel Rivas, o autor de A lingua das bolboretas e O lapis do carpinteiro, non foxen da realidade senón que procuran máis e  máis: ¡Máis realidade! A memoria viaxa no lombo da linguaxe. Os recordos aquí non son pasado. Serven para a restauración da vida por medio tamén das sensacións e dunha mirada táctil. A vida concibida como unha sucesión de chamadas, das que as máis importantes son as que  quedan no aire, aquelas coas que non establecemos contacto. O impacto  destas perdas fai cambalear a existencia cotián. Esa excitación, ese erguerse na caída, é o punto de partida deste libro emocionante.Estamos ante un realismo íntimo, onde golpea o abraio e a sorpresa, pero que refuga a convención do "máxico". Pola contra reclama máis e máis realidade: a que se oculta, agocha ou se disfraza.  A literatura ven ser a nosa intrahistoria, e o camiño que aquí vai abrindo a escritura semella un paso clandestino, con tramos inquietantes, que nos leva á paisaxe da emoción. Os vintecatro relatos  de As chamadas perdidas rebélanse contra a fatalidade. Os personaxes loitan, corpo a corpo, contra a tristeza e a soidade. Fanse fortes co seu fío de esperanza e coas súas puñadas de humor e ironía. Cada relato parte dunha dimensión social que ser ve ao autor para expresar o ámbito persoal máis có colectivo. Esa viaxe interior dos personaxes avanza paralela a únha viaxe interna do libro, estructurado ao xeito dunha mar aberta, desde contos dunha factura máis clásica como "Nós os  dous" , "O heroe" ou "O partido de Reis" a outros máis experimentais como "Snif, bang, bla, bla, bla" ou "Todos os animais falan". Vintecatro contos moi cinematográficos, escritos coa mestría característica da prosa de Manuel Rivas, constitúen, tamén, unha viaxe  dende aquela Galicia popular dos anos sesenta, cando chegan os electrodomésticos e os mozos e mozas acudían aos salóns de baile, ata hoxe en día.

Altres llibres de l'autor a La Cultural Llibreria

  • Phiccións -5%
    Titulo del libro
    Phiccións
    Blanco Rivas, Manuel;Otero Ricart, Xosé Anxo;Rodríguez, Salvador;Rolland, Eduardo;Xesteira, Xosé Ángel
    Xerais
    Jorge Luis Borges reuniu no volume Ficciones dous libros emblemáticos:  El jardín de los senderos que se bifu...
    No disponible

    12,00 €11,40 €

  • Lo que queda fuera -5%
    Titulo del libro
    Lo que queda fuera
    Rivas, Manuel
    Cuatro lunas
    Hay momentos en los que la poesía aborda los grandes temas, los excelsos sentimientos, y otros en los que los ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    17,00 €16,15 €

  • A corpo aberto -5%
    Titulo del libro
    A corpo aberto
    Rivas, Manuel
    Xerais
    A corpo aberto de Manuel Rivas é unha viaxe de xornalismo "Indie". Independente, libre, irónica, crítica e d...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    22,95 €21,80 €

  • Premios Pedrón de Ouro -5%
    Titulo del libro
    Premios Pedrón de Ouro
    Moreno Fernández, Xosé Antonio / Blanco Rivas, Manuel / Riveiro Coello, Antón
    Do castro
    No disponible

    10,00 €9,50 €

  • Luzes nº102 -5%
    Titulo del libro
    Luzes nº102
    Pereiro, X.M. / Rivas, Manuel
    Revista luzes
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    12,00 €11,40 €

Matèria a La Cultural Llibreria

Xerais a La Cultural Llibreria

  • A chamada da selva -5%
    Titulo del libro
    A chamada da selva
    LONDON, JACK
    Xerais
    No disponible

    7,25 €6,89 €

  • Axenda dietario 2006 vanol -5%
    Titulo del libro
    Axenda dietario 2006 vanol
     
    Xerais
    No disponible

    15,13 €14,37 €

  • Xoaquín Lorenzo. Vida e obra -5%
    Titulo del libro
    Xoaquín Lorenzo. Vida e obra
    Valcárcel López, Marcos
    Xerais
    Xoaquín Lorenzo Fernández (Ourense, 1907-Lobeira, 1989) foi unha das figuras máis destacadas da xeración do...
    No disponible

    10,25 €9,74 €

  • Vinte mil pesos crime -5%
    Titulo del libro
    Vinte mil pesos crime
    Graña, Bernardino
    Xerais
    Vinte mil pesos crime de Bernardino Graña, editada orixinalmente en 1962, considerouse como unha obra fundamen...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    18,95 €18,00 €

  • A formiga destemida -5%
    Titulo del libro
    A formiga destemida
    Reimóndez, María
    Xerais
    Unha formiga curiosa e valente decide afastarse do seu formigueiro para vivir novas experiencias. Polo camiño ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    12,95 €12,30 €