Descompte:
-5%Abans:
Després:
10,93 €Acaso a variedade temática, a capacidade para producirse en diferentes rexistros estilÃsticos, constitúan un dos apartados fundamentais na hora de caracterizar a poesÃa de Ramón Cabanillas. Poeta combativo e denunciador das inxustizas, ao pé dos movementos agrarios, unhas veces; recreador dos vellos mitos artúricos e bretóns, autras; ardoroso paladÃn lÃrico do nacionalismo das Irmandades da Fala...A rosa de cen follas -publicada por vez primeira en 1927- móstranos outro dos Cabanillas posibles; desta volta, o poeta autor de delicadas composicións de amor, que lembra a RosalÃa -un verso dela dá tÃtulo á obra do cambadés-, a Bécquer ou aÃnda a Heine. Un Cabanillas romántico, e preocupado por unha depuración de sinxeleza formal, xorde a través deste breve poemario: un exemplo máis de que nos atopamos diante dun dos mellores lÃricos galegos de sempre.