A nosa terra é nosa!

A nosa terra é nosa!. A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931)

Editorial:
Baia
EAN:
9788499951935
Any d'edició:
Matèria
LLIBRE DE TEXT
ISBN:
978-84-9995-193-5
Pàgines:
752
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
150
Alt:
220
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
SIN COLECCION

Descompte:

-5%

Abans:

32,50 €

Després:

30,88 €
IVA inclòs
Comprar

Cando eu me consideraba o derradeiro supervivente dun pobo suicida, chegou a min a voz alentadora dun escritor. Era Antón Vilar Ponte. Con  estas palabras, escritas en A Nosa Terra en marzo de 1936 (n.º 404) para chorar a desaparición física do xornalista de Viveiro, deixaba Castelao ben clara a enorme transcendencia que tanto para si propio como para a historia política e cultural da Galiza no seu conxunto tivera a posta en marcha, o 18 de maio de 1916, da primeira das Irmandades da Fala, á que ben axiña se sumarían outras.
 Transcorridos cen anos desde aquel acontecemento histórico, a presente  monografía ve lume para intentar ofrecer unha descrición fiel e detallada da traxectoria, actividades, publicacións, campañas, iniciativas, debates e conflitos que foron balizando o desenvolvemento  desta entidade, unanimemente considerada pola historiografía como punto de arranque do nacionalismo galego contemporáneo.
 A súa disolución no seo do Partido Galeguista, en decembro de 1931, marca por iso mesmo o remate do noso percorrido, no que propositadamente emprestamos atención ás diversas vertentes esenciais do labor dese auténtico "cerebro colectivo" que foron as Irmandades: a  reivindicación idiomática, o labor literario-cultural, a acción política e a elaboración doutrinaria. Optamos por facer un desenvolvemento pegado á cronoloxía, pois pensamos que así, presentados no seu contexto histórico en cada momento, entenderanse mellor os méritos, as dificultades e os logros de cada unha das iniciativas irmandiñas.
 Notarase en moitos parágrafos desta monografía a especial relevancia que concedemos á figura e aos textos do promotor das propias Irmandades, Antón Villar Ponte, de quen nos servimos como eixo vertebrador do noso relato e a cuxa obra xornalística acudimos reiteradamente para ilustrar os procesos e reviravoltas da entidade.

Altres llibres de l'autor a La Cultural Llibreria

  • DÍAZ CASTR -5%
    Titulo del libro
    DÍAZ CASTR
    Nº 351
    Insua López, Emilio Xosé
    Laiovento, s.l.
    Sobre a figura do poeta Xosé Mª Díaz Castro (1914-1990), celebrada con todo dereito no Día Das Letras Galeg...
    No disponible

    13,90 €13,21 €

  • O primeiro Antón Villar Ponte -5%
    Titulo del libro
    O primeiro Antón Villar Ponte
    Insua López, Emilio Xosé / Nuevo Cal, Carlos
    Fundacion caixa galicia
    No disponible

    9,00 €8,55 €

  • Antón Vilar Ponte e a Academia Galega -5%
    Titulo del libro
    Antón Vilar Ponte e a Academia Galega
    Ínsua, Emilio Xosé
    Cumio (descatalogados)
    No disponible

    15,00 €14,25 €

  • SOBRE O MARISCAL, DE CABANILLAS E VILLAR PONTE -5%
    Titulo del libro
    SOBRE O MARISCAL, DE CABANILLAS E VILLAR PONTE
    INSUA LOPEZ, EMILIO XOSE
    Bibl.arquivo teatral francisco pillado
    O LIBRO SOBRE O MARISCAL, DE CABANILLAS E VILAR PONTE, DA AUTORIA DE EMILIO XOSé INSUA LóPEZ, EXPLICA DOCUMEN...
    No disponible

    20,00 €19,00 €

  • DÍAZ CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    DÍAZ CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
    Emilio Xosé Ínsua López
    Laiovento (ibd)
    Sobre a figura do poeta Xosé Mª Díaz Castro (1914-1990), celebrada con todo dereito no Día Das Letras Galeg...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    13,89 €13,20 €

Matèria a La Cultural Llibreria

Baia a La Cultural Llibreria

  • Guía de ecoloxía cotiá -5%
    Titulo del libro
    Guía de ecoloxía cotiá
    Pérez Rodríguez, Ramsés
    Baia
    A presente guía é o resultado do traballo desenvolvido polo seu autor nos últimos sete anos en diferentes pr...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    10,40 €9,88 €

  • A mona de Schrödinger -5%
    Titulo del libro
    A mona de Schrödinger
    Nº 45
    Sobral Amoedo, Xosé
    Baia
    Por falta de vacantes na súa propia especie, unha mona bonoba resígnase a que na vindeira reencarnación lle ...
    No disponible

    14,35 €13,63 €

  • Tres en raia -5%
    Titulo del libro
    Tres en raia
    Nº 43
    Martínez Oca, Xosé Manuel
    Baia
    'Tres en raia' é a metáfora que tres mozos ourensáns utilizan para selar unha amizade que se propoñen perpe...
    No disponible

    16,70 €15,87 €

  • O emocionante día de Piti o caracol -5%
    Titulo del libro
    O emocionante día de Piti o caracol
    Lhomme, Sandrine
    Baia
    O sol está a punto de saír e vai comezar para Piti, o caracol, unha xornada chea de perigos e abraiantes aven...
    No disponible

    14,00 €13,30 €

  • Don Carlos e o misterio dos lucecús -5%
    Titulo del libro
    Don Carlos e o misterio dos lucecús
    Nº 36
    Torrado Queiruga, Patricia
    Baia
    Na vila comezan a xurdir sucesos inexplicables e, por se fose pouco, na casa contáronlles que o seu profesor, ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    12,10 €11,50 €