DÃaz MartÃnez, Carlos / GarcÃa Seixas, Manuel
Descompte:
-5%Abans:
Després:
9,45 €O presente volume, preparado por Carlos DÃaz MartÃnez, recolle máis dun centenar de documentos gráficos, maiormente postais editadas no perÃodo de 1900 e 1936 , ademais de fotografÃas, mapas e marcas filatélicas, sobre a cidade de VilagarcÃa. A partir de 1900 e ata aos tempos da IIª República dispoñemos de moi numerosas testemuñas gráficas que utilizan o novo soporte de comunicación gráfica daqueles tempos: a postal de correo. As temáticas presentan unha ampla recompilación do patrimonio monumental e das efemérides da vida urbana, principalmente nas categorÃas da vida comercial (mercados e transportes e pesca pola rÃa) e do vigoroso turismo do momento centrado no Balneario e nas praias.
O presente volume demostra que a VilagarcÃa daqueles tempos tiña un lugar preponderante nas grandes series de postais editadas en Madrid ou Barcelona; o gran esforzo de producción que neste eido fixeron fotógrafos e editores locais; asà como tamén a importancia da cidade que se reflectÃa nas postais editadas por empresas de ParÃs, Irún ou BerlÃn. A orixe de todas estas pezas amosa a importancia do porto de VilagarcÃa a principios do século XX, tanto para os barcos de pasaxe (inicio do turismo de "cruceiro") ou de emigrantes, asà como a calidade de "porto refuxio" da rÃa de Arousa para as flotas de guerra (en particular da armada Inglesa).
InÃciase o volume coa reproducción do "Plano da RÃa de Arousa", realizado por Domingo Fontán en 1828, e coa reproducción dun gravado do palacio de Vista Alegre de 1879. Continúa cun texto literario, "VilagarcÃa, eterna lembranza", onde o escritor vilagarcián Manuel Seixas, evoca a súa VilagarcÃa antiga e sempre eterna na memoria, para dar paso ao discurso gráfico. Dende as primeiras vistas xerais dende a rÃa ou dende Vista Alegre, o libro propón unha visita pola VilagarcÃa tradicional: a casa do Concello e os xardÃns de Ravella, a Alameda, a Porta do Sol...son espacios que se recuperan para a memoria no presente volume.