A memoria de Mondariz-Balneario

A memoria de Mondariz-Balneario

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820233
Any d'edició:
ISBN:
978-84-9782-023-3
Pàgines:
96
Enquadernació:
TAPA DURA
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
ALBUM DE POSTAIS

Descompte:

-5%

Abans:

9,90 €

Després:

9,41 €
IVA inclòs

O presente álbum de postais, A memoria de Mondariz-Balneario, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle case un cento de postais, mapas, soportes publicitarios, gravados e litografías sobre Mondariz-Balneario, a primeira das vilas termais de Galicia. Un volume  que recolle as series de tarxetaspostais editadas por Hauser y Menet,  Madrid Postal, a editorial Thomas de Barcelona, o prestixioso editor Kisch de Berlín ou as do fotógrafo e editor barcelonés L. Roisin; así como as series editadas polo propio establecemento balneario, que dispoñía de prelo propio, editadas a maior parte delas en francés, co obxecto de darse a coñecer a nivel europeo e mundial, así como para que os seus clientes as utilizasen na correspondencia. O volume recolle, tamén, o valioso traballo documental dos fotógrafos e editores locais como José Faro Blanco, J.G. Baños ou Peral. A colección documental do volume vai precedida dun limiar de Gerardo Alvarez Limeses, extraído da "Geografía General del reino de Galicia",  editada en Barcelona en 1936, onde o polígrafo tudense realiza unha completísima descrición do Mondariz-Balneario dos tempos da IIª República, o concello en extensión máis pequeño de España. No volume preséntase as vistas xerais dispoñíbeis do concello, as construccións máis destacadas da vila, as instalacións do Gran Hotel e das súas dependencias e salóns, as fontes de Gándara e Troncoso, o ambiente de auguistas, as paisaxes do río Tea e do lago das Pías, as pontes de Cernadela e Canta a Ra, así como escenas costumistas de carácter rural. Destaca, tamén, no volume a reproducción de elementos publicitarios do Balneario e da empresas Augas de Mondariz, así como a  dun acción do capital de fundación da Compañía Anónima Tranvía de Mondariz a Vigo de 1915.

Xerais a La Cultural Llibreria

  • O Menhir de Ouro. Astérix -5%
    Titulo del libro
    O Menhir de Ouro. Astérix
    Goscinny, René
    Xerais
    Neste fermoso día baixo o sol de Armórica, a apracible calma da pequena aldea gala que tan ben coñecemos rom...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    12,95 €12,30 €

  • Un ano e un día -5%
    Titulo del libro
    Un ano e un día
    Martínez Oca, Xosé Manuel
    Xerais
    Nun tempo que presumimos contemporáneo do lector, o protagonista, xa adulto, regresa á vila onde transcorreu ...
    No disponible

    12,50 €11,88 €

  • Recambio dietario 2007 -5%
    Titulo del libro
    Recambio dietario 2007
     
    Xerais
    No disponible

    9,12 €8,66 €

  • A bufanda verde -5%
    Titulo del libro
    A bufanda verde
    Nado Sanjuán, Víctor
    Xerais
    Pedro non atopa a súa bufanda verde e pon o seu cuarto patas arriba para atopala. A nova colección "Pase...
    No disponible

    6,80 €6,46 €

  • (G).(08).LIBRO MERLIN 3O.PRIM.(LECTURAS GALEGO) (XERAIS) -5%
    Titulo del libro
    (G).(08).LIBRO MERLIN 3O.PRIM.(LECTURAS GALEGO) (XERAIS)
    González Montañés, Óscar;Pernas Pernas, Marga;Rodiles Lamas, Rosana
    Xerais
    No disponible

    36,47 €34,65 €